O CLUB DEPORTIVO AS PONTES GOLEA Ó VAL NA COPA DEPUTACIÓN (0-5)

116

O Club Deportivo As Pontes segue sumando triunfos ó vencer nos dezaseisavos de final ó Val por un claro e contundente 0-5. Con anterioridade os ponteses gañaron ó Raing de Ferrol (2-1) no trofeo Vila de As Pontes e uns días despois ó Narón no Cadaval por 1-3.
O As Pontes mantén o bloque que tan boa campaña fixo a pasada tempada e atopouse cun Val que se está confeccionando e tan só presentou catorce xogadores a este partido.
O cadro pontés tardou só oito minutos en adiantarse no marcador por medio de Chicho e ós quince minutos Bossa, de penalti, ampliou a renda, resultado co que se chegou ó descanso
Na segunda parte o As Pontes repartiu mellor os esforzos ante o conxunto valexo que acusou o esforzo e tan só realizou un cambio. Ós poucos minutos de iniciarse este período David Amado marcaba o terceiro tras un centro de Pablo Domínguez e ós vinte minutos volvía a anotar, nesta ocasión a centro de Álex Cabarcos, xogador que creou perigo pola banda esquerda e que dispuxo de varias ocasións, pero a sorte non estivo da súa parte. Xa no minuto 85 Iván González redondeou a goleada. Sen embargo, antes os ponteses tiveron claras ocasións para incrementar o marcador, pero unhas veces os postes e outras a mala fortuna impedírono.
Na seguinte eliminatoria, oitavos de final, o As Pontes enfrontarase ó Laracha, novo equipo de Terceira División e o primeiro rival dos ponteses na liga, que nesta rolda venceu ó Club do Mar, de Caión, por 3-0. O partido dispútase o vindeiro mércores en campo larachés a partir das sete do serán.
copa


FICHA DO PARTIDO
S.D. O VAL: Ángel, Baamonde, Felipe, Borja, Eloy, Botana, Félix, Pablo, Andrés, Álex Díaz (Iván, 75) e Iago.
CD AS PONTES: Kiko, Hugo, Fidi (Álex Cabarcos, 60), Pablo López, Pablo Domínguez, Aitor, Dani, David Amado, Bossa (Nano, 63), Sergio Arias (Santi, 60) e Chicho (Iván González, 46).
ÁRBITRO: Alberto Martinez Míguez, asistido por Caruncho e Carballal, da delegación de Ferrol.
GOLES: Min. 8 (0-1), Chicho. Min. 15 (0-2), Bossa, de penalti. Min. 53 (0-3), David Amado. Min. 65 (0-4): David Amado. Min. 85 (0-5), Iván González.
INCIDENCIAS: Partido dos dezaseisavos de final da Copa Deputación disputado no campo de Sinde ante uns 150 espectadores.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios