ROBER PAZ ÚLTIMA FICHAXE DO ESTEO FÚTBOL SALA

270

Rober Paz é a última incorporación do Esteo de cara a próxima tempada na Segunda División B. O xogador coruñés, habitual na posición de ala-peche, vén a cubrir a importante baixa de Pellón, quen deixou o fútbol sala ó remate da pasada tempada.
Roberto Paz Piñeiro, que conta con 28 anos, incorpórase ó cadro de As Pontes procedente do Troula de Betanzos, equipo que este ano ascendeu á Terceira División. Ten experiencia na Segunda División en equipos como o Troula, Lobelle, Noia e Mera, chegando a xogar na División de Prata co Coinasa Coruña na tempada 2006/07.
Esteo-Rober-Paz.jpg


Con esta incorporación o Esteo ten practicamente pechado o capítulo de fichaxes despois das contratacións do segundo adestrador e do preparador físico.
Lembrar que o Esteo participará no grupo primeiro da Segunda División B, conformado por trece equipos, seis de Castilla e León e sete galegos. A liga comeza o 28 de setembro e nesta primeira xornada o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó conxunto palentino do Guardo, rematando a competición o 10 de maio de 2014 xogando tamén na casa contra o Mosteiro Bembrive, de Vigo.
O primeiro choque de rivalidade contra o outro representante comarcal, Cidade de Narón, será no pavillón da Fraga o 12 de outubro para devolver a visita en pista naronesa o 25 de xaneiro.
Máis información deportiva en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios