O CLUB DEPORTIVO AS PONTES CLASIFICOUSE PARA AS SEMIFINAIS DA COPA DEPUTACIÓN Ó VENCER Ó SAN TIRSO POR 0-3

58

O Club Deportivo As Pontes clasificouse para disputar a semifinal da Copa Deputación ante o Somozas ó vencer con claridade ó San Tirso (0-3), unha das revelacións do torneo provincial, pois antes deixou na cuneta a dous Terceiras, Betanzos e Ordes. O As Pontes sentenciou a eliminatoria nos primeiros vinte minutos de partido cun xogo rápido e efectivo ó que non puido responder o conxunto de Mabegondo, que en todo momento foi superado polo mellor xogo dos ponteses. Ó minuto de partido Sergio Arias establecía o 0-1 no marcador e sete minutos despois David Amado marcaba o segundo e ós dezaoito o marinense Aitor Díaz poñía o 0-3 que ó final do partido sería o resultado definitivo.
A partir de aí o partido foi un monólogo do As Pontes controlando o balón e o xogo e creando ocasións para incrementar a clara diferenza no marcador, mentres que o San Tirso apenas inquietou a portería de Kiko, que, a dicir verdade, foi un espectador máis neste partido. Na segunda parte o As Pontes, cun xogo máis pausado, seguiu dominando e xerou moitas ocasións de gol, mentres que o San Tirso defendíase como podía e tan só se achegou e tres oportunidades á portería de Kiko.
Nas outras eliminatorias, o Negreira venceu no seu campo ó Bergantiños por 2-1, mentres que o Somozas gañou por 0-2 na casa do Boiro, novo equipo de Terceira División. Hoxe dispútase na Malata (20,00) a outra eliminatoria entre o Racing de Ferrol e Compostela, un choque de copa pero con sabor a liga de Segunda División B.
As datas das semifinais serán o 14 ou 15 e estarán, por unha banda, Somozas e As Pontes no campo de Pardiñas, e na outra Negreira e o gañador do Racing de Ferrol-Compostela, no García Calvo de Negreira. A final do torneo provincial será o domingo 18 de agosto.
copaDep


FICHA DO PARTIDO
SAN TIRSO S.D.: Javi (David, 82), Guille, San Martín (Ferreiro, 46), Dani, Félix, Felipe, Caamaño, Marcos, Javi (Andrés, 75), Suco (Arume, 46) e Gato (Berti, 46).
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Chote, Aitor (Pablo López, 63), Dani (Iván González, 60), Fidi (Álex, 77), Bossa, Sergio Arias (Esmorís, 77), David Amado e Pablo Domínguez
ÁRBITRO: Miguel Vidal Lorenzo, asistido por Fontes e Calvelo, da delegación de Santiago. Tarxeta amarela a Guille, do San Tirso.
GOLES: Min. 1 (0-1), Sergio Arias. Min. 8 (0-2), David Amado. Min. 18 (0-3), Aitor Díaz.
INCIDENCIAS: Partido de cuartos de final da Copa Deputación disputado no campo do Castro, de Carral, ante uns 250 espectadores, a maioría seguidores do San Tirso.
Máis información deportiva en: http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
copaDep
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios