Resultados do grupo xuvenil de piragüismo a pasada fin de semana

85

Fin de semana con repleto de actividade dos piragüistas do Grupo Xuvenil de Piragüismo As Pontes. Os máis novos do club participaron na Regata de Pontedeume da Liga Provincial na que hai que destacar o 2º e 3º posto acadados por Juan Bellas e Aarón García en k1 alevín B. Na mesma categoría Álvaro García rematou na 7ª posición. En muller alevín A Carmela Dominguez non poido repetir o 3º posto das anteriores provinciais por problemas co timón e rematou en 4º lugar a 5 segundos do podium. Ada Fernández foi 6ª na categoría muller benxamín, Antón García 21º en home benxamín, Manuel Alén 8º home alevín A, e Xosé Guerreiro 12º infantil A.
Por outra banda os “maiores” participaron no Descenso Internacional do Miño en Tui, cos seguintes resultados:
José Manuel Bellas e Ernesto Gancedo, 2º k2 home veterano,
Carlos Durán e David Tonislavov, 8º k2 home cadete e
Iván Barro (Alex) e Pablo Moreno, 9º k2 home Junior.
Ademáis toda a semana o club pontés organizou e participou na 2ª edición do Pantín Xtreme kayak-surf na praia de Pantín (Valdoviño) no que o equipo ponteś acadou o 3º posto na xeral por equipos. En breve informaremos con máis detalle desta competición enmarcada na Copa Iberica de kayak-surf.
xuvenil_1.jpg


xuvenil_2.jpg
xuvenil_3.jpg
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios