COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA. UD SOMOZAS 0 (4) – CD AS PONTES 0 (3)

83

Na noite de onte rematou o soño do Clube Deportivo As Pontes de xogar a final da Copa Deputación e reverdecer vellos laureis, pois xa gañou o cadro pontés este trofeo en 1996 ó vencer ó Betanzos na final por 2-1 e xogara a final en 2007 contra todo un Racing de Ferrol que por aquela militaba en Segunda División, na Malata, gañando os verdes por 3-2 con tanto marcado no minuto 94 por Javi Rodríguez.
Non foi o mellor partido do As Pontes, e o Somozas na primeira metade apretou un pouco máis, e puido marcar Edi, o fillo do gran Recemel, no 24´, tras un bo lanzamento de falta que rexeita coa luva moi ben a córner Marcos apurando a estirada, e no posterior saque de esquina David Franch cabeceou o balón ó longueiro.
Apretaron os verdes ata os últimos minutos, a destacar un tiro cruzado de Javi Rosa (44´), tamén os azuis tiveron unha por medio de Santi, que non agardaba o balón e cabeceou moi forzado en posición inmellorable (42´).
Conseguiuse chegar ó descanso coa portería a cero, e no comezo do segundo tempo foron os mellores minutos do As Pontes, unha de Arias nada máis comezar e a máis clara de Amado no 48´, que quedou so pero mandou moi alto o balón.
Conforme pasaban os minutos notabase o cansazo da pretemporada e a acumulación de partidos. Antes do remate destacar un magnífico gol de cabeza de Chote, magoa que creemos que fixo falta ó defensa antes de rematar, e un disparo cruzado dunha das grandes fichaxes dos verdes, Heber Pena.
Nun derbi de guante branco e con moi bo ambiente no campo e nas gradas, nas que por certo estaban Rochela e Cañizares entre outros, houbo un rifirrafe ó final do partido entre Dani e Javi Rosa que afortunadamente non pasou a maiores.
Chegouse á tanda de penaltis e ahí os verdes estiveron máis atinados, puxeronse as cousas moi costa arriba, cun terceiro tiro de Iván Gonzalez que marchou fora preto do poste, e o posterior de Sergio Arias, que tirou moi frouxo e centrado. Deu algo de vida Marcos, que lle parou un balón a Luis Ángel, pero no quinto e decisivo lanzou o xogador máis seguro, o veterán de guerra David Franch, que xogou no Racing en Segunda División, no Valencia B, Castellón, Cartagena ou Ceuta, entre outros, que non perdoou e clasificou ó Somozas para unha inesquecible final para o cadro dirixido por Michel neste prestixioso torneo no que participan nin máis nin menos que os 56 mellores equipos da provincia, no Mundial dos máis modestos.
Será o Somozas o representante da comarca nunha cita histórica para eles o vindeiro domingo no Campo de A Malata ás cinco da tarde. Terano moi difícil, contra o Compostela, pero ós do equipo presidido por Candocia como ao inigualable Michael Jackson “que lles quiten o bailado”. Unha gran magoa para o As Pontes que nadou bravo como Michael Phelps e Mireia Belmonte pero que acabou quedando nas beiras. Despois de uns días de tristeza comezarán a Liga en Laracha o día 25.
copa


UD Somozas: Abraham, Javi Rosa, Dani, Iago, Fiuza, Edi (Pablo Berros 72´), Rubén (Heber Pena 59´), Baleato, David Franch, Antas (Alex Ares 72´), Luis Ángel.
CD As Pontes. Marcos, Hugo, Nano, Chote, Aitor, Fidi (Iván González 62´), Amado (Esmoris 87´), Bossa, Arias, Santi (Dani 45´) e Pablo Domínguez.
Penaltis: 0-1, Bossa, 1-1, Berros, 1-2, Aitor, 2-2, Alex Ares, Iván González falla, 3-2, Heber, Sergio Arias falla, Luis Ángel falla, 3-3, Esmoris, 4-3, David Franch.
Árbitro: Martínez Santos (Santiago). Auxiliado nas bandas por Fontes e Teijeiro. Amosou cartón amarelo a Edi, Javi Rosa, Fidi e Dani.
Campo: Campo Municipal de As Pardiñas. Xogouse o encontro no segundo campo de céspede artificial, pois o campo principal estaba en obras. Uns 300 espectadores en tarde soleada, moitos ponteses.
*Aproveitamos este encontro para resaltar o que foi unha mera anécdota. Con motivo do partido de veterans do Deportivo hai uns días comentou Xose Ferreiro, eu, que a “visita” de Manjarín fora a primeira dun campión olímpico ó Campo do Poboado. Foi unha crónica froito das presas, pero o dato, aínda sendo anecdótico, non é certo. Facendo un estudo en profundidade, en 1995, na Copa do Rei xogada contra o Celta, con resultado global de so 2-1 a prol dos vigueses, xogara o lateral esquerdo Rafa Berges, compañeiro de Manjarín en Barcelona 1992, e que por certo, marcou o gol decisivo que clasificou ós vigueses. Incluso nos amistosos contra o Deportivo en 2006 e en 2011 non xogaran nin Coloccini nin Germán Lux, respectivamente, senón serían máis visitantes “olímpicos”. Si a títulos nos referimos, outros “ilustres” que pasaron polo Campo do Poboado foron os campións mundiais sub20 con Arxentina, Cambiasso (1997) e Colotto (2001). Campións europeos en categorías inferiores con España pasaron sobre unha decena, o noso Rochela sen ir máis lonxe (sub17 2007), tamén Michel Salgado (sub21 1998), Valerón (sub21 1998), Sergio Canales (sub17 2008 & sub21 2013), Jonathan Aspas (sub17 1999), Pablo Insua (sub19 2012), Jonhy Castro (sub19 2012), o asturián Adrián López (sub21 2011), Rubén Pérez (sub21 2011) ou Miguel Mateos (sub17 1997). Simplemente se trata dunha mera anécdota sen importancia pero queda rectificado pola miña parte.
COPA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA 2013
ELIMINATORIA PREVIA
Perlío 1 – Eume Deportivo 3
Maravillas 0 – Victoria 1
Fisterra 0 – Ponteceso 1
Puebla 0 – Unión 1
PRIMEIRA ELIMINATORIA
Noia 1 – Grixoa 1
Flavia 0 – Boiro 3
Arzúa 0 – Dubra 1
Amio 0 – Bertamiráns 2
Malpica 0 – Xallas Santa Comba 3
Camariñas 2 – Dumbría 2
Ponteceso 2- Soneira 6
Atlético Arteixo 0 – Silva 1
Abella 2 – Sporting Sada 1
Imperátor 0 – Laracha 1
San Tirso 0 – Carral 0
Cedeira 0 – Galicia Mugardos 1
Cultural Maniños 1 – O Val 2
Atlético Riveira 1 – Unión 0
Villestro 1 – Cacheiras 0
Meirás 0 – Eume Deportivo 3
Mandiá 0 – Victoria 1
Olímpico 2 – Boimorto 0
Sporting Ciudad 0 – Vizoño 0
Club do Mar de Caión 0 – Sporting Coruñés 0
DEZASEISAVOS DE FINAL
Eume Deportivo 1 – Racing de Ferrol 6
Galicia Mugardos 4 – Narón BP 2
Victoria 1 – Somozas 1
Grixoa 0 – Compostela 2
Dubra 1 – Negreira 2
Dumbría 0 – Bergantiños 2
Villestro 1 – Ordes 2
San Tirso 1 – Betanzos 1
Abella 2 – Deportivo da Coruña B 1
Sporting Ciudad 0 Cerceda 4
Olímpico 2 – Dorneda 3
Soneira 1 – Xallas Santa Comba 3
Club do Mar de Caión 0 – Laracha 3
Bertamiráns 0 – Boiro 0
Atlético Riveira 0 – Silva 1
O Val 0 – As Pontes 5
OITAVOS DE FINAL
San Tirso 2 – Ordes 1
Negreira 2 – Dorneda 2
Abella 1 – Bergantiños 3
Galicia Mugardos 0 – Racing Ferrol 3
Xallas Santa Comba 0 – Somozas 1
Silva 0 – Boiro 1
Cerceda 1 – Compostela 4
Laracha 0 – As Pontes 1
CUARTOS DE FINAL
Boiro 0 – Somozas 2
Negreira 2 – Bergantiños 1
Racing Ferrol 1 – Compostela 3
San Tirso 0 – As Pontes 3
SEMIFINAIS
Negreira 0 – Compostela 3
Somozas 0 – As Pontes 0
FINAL (DOMINGO, 17:00, CAMPO DE A MALATA)
Compostela-Somozas
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
copa
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios