O DEVESO CELEBROU A FESTA PATRONAL DA ASUNCIÓN DE MARÍA

321

Adiantándose ós días con máis festas en toda Galicia, a parroquia do Deveso honrou esta pasada fin de semana á súa patroa, a Virxe da Asunción, en coincidencia tamén coas festas patronais de Ribadeume, outra parroquia pontesa situada ó sur do concello preto da Vila.
Tanto o sábado coma o domingo, despois das bombas de palenque anunciando as festas, celebrouse a misa na igrexa parroquial, seguida da procesión que estivo acompañada na xornada do domingo polo grupo de música tradicional Os Feroces da Galgueira. Os grupos Fusión e Lembranza puxeron a música nas dúas xornadas festivas.
deveso


A PARROQUIA DO DEVESO
Santa María Insuafiz do Deveso, como así é o seu nome oficial, é unha parroquia situada ó noroeste do concello de As Pontes limitando cos concellos de As Somozas e Ortigueira e a parroquia do Freixo. Despois da de Espiñaredo, é a segunda en menos extensión cun pouco máis de sete quilómetros cadrados (7,22) e a súa poboación descendeu notablemente, pasando dos 173 do ano 1975 ós 21 veciños de hoxe, repartidos nos lugares e aldeas da Cabeceira (1), Casal do Paio (1), A Cernada (3), Deveso-Igrexa ou Mesón (6), O Xarel (1), Outeiro de Abaixo (2), Recemonde (5) e O Rego (2). Están deshabitadas as aldeas da Azureira, A Besta, As Cabandelas, As Cancelas, O Chao dos Paces, O Chao dos Carneiros, Outeiro de Arriba, A Pereira, Trambasmeras e Vilariño.
Como se sinala, a súa demografía descendeu considerablemente nos últimos cincuenta anos. O Deveso chegou a ter preto de trescentos habitantes, 273 en 1845. Segundo os datos que aporta a asociación de veciños, os nacementos ían en ascenso ano tras ano. Curiosamente, na década da guerra civil (1930-39) rexistrouse a cota máis alta, con 107 nacementos, mentres que entre 1990 e 1999 tan só houbo un.
Xunto coa veciña do Freixo é a parroquia máis montañosa do concello con alturas superiores ós 500 metros, sobresaíndo as Penas da Noite (654 m), o monte das Cabandelas (555 m), O Cascabeleiro (509) e O Chao dos Carneiros (484).
Entre as montañas atópanse pequenos regos e regatos, como os da Picheira, As Borrallas, As Cancelas, Soutochao e Os Carrís, formando estes dous últimos na súa confluencia o río Mera, xusto nos lindes dos concellos de As Pontes, As Somozas e Ortigueira, desembocando na ría de Ortigueira despois de 29 quilómetros de percorrido levando sempre a dirección sur-norte.
Ademais da igrexa parroquial, construída en alá polo 1700 sobre unha máis antiga, nesta parroquia do Deveso hai unha pequena capela situada no lugar da Carballeira adicada a Santo Antonio, que é de propiedade particular.
Dispón dun local social situado na antiga escola, onde se celebran diversas actividades ó longo do ano. Ten unha interesante exposición de fotos antigas da parroquia con escenas familiares, festas, vodas, veciños no servizo militar.
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
deveso
Deveso (As Pontes), 12 de agosto de 2013 (AF)
De seguido e dado o interese dun pontés (JV), que por razón da súa profesión reside en Cádiz, inserimos nesta serie de “Parroquias, festas e historia” unha montaxe de fotos –feito non habitual nesta sección- sacadas por el na festa do Deveso. Unha serie de modestos traballos que iniciamos alá a mediados de agosto de 2009 coas patronais de Ribadeume ata chegar a este mesmo mes de agosto de 2013 cos festexos do Deveso. Catro anos xa con máis de cen artigos das distintas parroquias do concello pontés e a súa contorna. Traballos que tiveron e teñen unha boa aceptación por parte dos que amosan interese pola historia local e daqueles que polas circunstancias da vida atópanse lonxe da súa terra, como é o caso deste pontés residente en Cádiz, e través destas reportaxes e doutras novas inseridas nesta páxina coñecen a vida cotiá e a historia do seu pequeno terruño (AF).
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
deveso_jv
Nova cortesía de A.F.
Imáxenes cortesía de A.F. e J.V.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios