O BNG EXIXE EXPLICACIÓNS POLA INSTALACIÓN DE CÁMARAS DE VIXILANCIA NA FRAGA

81

A súa presenza debería terse publicitado e notificado aos veciños e veciñas.
As Pontes, 17 de agosto de 2013.- Cando menos con nocturnidade. Así foi a decisión e a instalación de dúas cámaras de videovixilancia no chamado hexágono da Fraga, preto da nave do polbo na que se celebran actos e festas privadas. Segundo a información dos veciños, as cámaras están dende fai varios meses, posibelmente dende comezos do ano, mais son complexas de ver, ao que axuda a deficiente sinalización que debe de avisar da súa presenza.
A instalación está autorizada, o que, para o BNG, non xustifica a súa necesidade, xa que o feito de captar, gravar ou reproducir imaxes de persoas que se poden identificar anula dereitos fundamentais, entre eles o da intimidade e o da protección de datos.
A meritada medida imposta polo PSOE non deixa de ser outro exemplo máis do descontrol existente, en todos os ámbitos e níveis, na política municipal socialista. Un goberno caótico que primeiro suprime prazas na policía local, para despois volver a crealas, convocalas, anular as probas o día antes da súa realización, ter paralizada e sen resolver a oposición, …., e, ao mesmo tempo, estabelecer o aparcamento limitado ou zona azul, ou contratar seguridade privada durante o mes de maio para vixiar o polígono de Penapurreira.
O BNG ven de solicitar unha comisión para ter información, xustificacións, e, sobre de todo, saber se o goberno municipal está a cumprir con todos os requirimentos e obrigas legais relativos á captación, almacenamento, tratamento, reprodución, e cancelación das imaxes, das persoas responsabeis de cada unha das accións, e dos procedementos estabelecidos para garantir os dereitos dos veciños e veciñas.
Asemblea Local do BNG das Pontes
camaras_1.jpg
camaras_2.jpg
camaras_3.jpg
camaras_4.jpg
E cámaras no Lago de As Pontes:
camaras_5.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios