Nota de prensa do BNG: PSOE: 4 DESPEDIMENTOS, 1 NULO E 3 IMPROCEDENTES, E 3 READMISIÓNS.

59

Entre as afortunadas pola readmisión, 2 candidatas nas municipais, unha do PP e outra do PSOE.
As Pontes, 23 de agosto de 2013.- Nin os informes técnicos nin as advertencias do BNG foron quen de corrixir o proceder do PSOE nas contratacións laborais; non parecía lóxico, e, xa se sabe, onde non está a lóxica entra a intencionalidade. E así foi.
Durante o primeiro mandato do PSOE co apoio do PP fixéronse novas contratacións de persoal, entre elas a dunha administrativa –ocupada por unha candidata do PP- e a dunha axente de emprego e desenvolvemento local –ocupada por unha candidata do PSOE en 2011-. Os contratos prorrogáronse durante catro anos, contra dos informes dos técnicos de persoal, da Secretaría e da Intervención, que advertían da súa ilegalidade.
En varios plenos e comisións o BNG preguntou reiteradamente polas contratacións, e obtivo respostas de todo tipo: dende o silencio da Concelleira de Persoal en marzo de 2012, pasando pola a súa afirmación, un mes despois, de que “… en ningún momento se actuaría en contra do que dispoña a lei … os informes técnicos non existen materialmente pero implicitamente estase aplicando a normativa …”, en evidente contradición coa Concelleira de Industria cando, en xaneiro deste ano, dicía “… que non se pode prorrogar ese contrato porque estariamos incorrendo nunha ilegalidade …” (despois de tres prórrogas¡¡¡), ou co seu compañeiro de Facenda, que, en abril de 2012, tamén afirmaba que “… hai informes que non constan no expediente … que pedimos nós para ver cales son as consecuencias legais … se ti tes un informe que manifesta dúbidas sobre a viabilidade de facer un determinado acto, pódeste cubrir pedindo outra serie de informes que ao mellor opinen de xeito distinto …” (feitos por un xastre, é dicer, á medida).
A parcialidade e a intencionalidade políticas das decisións son evidentes: readmiten a quen tiña unha antigüidade duns 4 anos e despiden ao de máis de 15 anos de servizo no Concello, escollen non pagar indennizacións duns 9500Є e readmitir porén pagan máis de 21.000Є e despiden; por certo, o PSOE desfaise de quen estaba a traballar nunha praza que o proprio PSOE decidía incluíla na oferta pública de emprego para consolidar, desenvolvendo unha actividade da que hoxe o PSOE ten incrementado a súa oferta, mais que se fai contratando a unha empresa por case que o dobre de cartos.
Unha cacicada e un antollo que pagaremos entre todos, e que entre indennizacións e salarios de tramitación (as mensualidades que non traballaron) supoñen máis de 50.000Є. E quen é o responsábel?.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios