Nota de Prensa BNG: O PSOE PAGA POLO MENOS UNS 1,5MЄ SEN CONTRATOS

124

Servizos obrigatorios e de custes importantes están pendentes de contratación dende fai 4 anos.
As Pontes, 31 de agosto de 2013.- A lexislación estatal define os procedementos de contratación segundo o importe; no caso de obras de cuantía inferior aos 50.000Є ou de servizos/subministros por debaixo de 18.000, o Concello poderá adxudicar directamente previa aprobación do gasto, coa prohibición de fraccionar ou dividir os contratos, e a limitación temporal dun ano sen posibilidade de prórroga. Para períodos maiores ou importes superiores, necesítanse pregos e obrígase á fiscalización polos técnicos municipais, e disponse de procedementos como a subasta, o consurso ou o negociado, que garanten a publicidade, a concorrencia e a obxectividade.


E así debería ser, tamén no Concello das Pontes, mais o PSOE parece estar noutro mundo, noutra realidade, por riba de todos os demais -por suposto-. Ou polo menos é o que manifestan as resolucións de aprobación de facturas, nas que os técnicos municipais advirten que “… as devanditas empresas están a facturar polos citados servizos ou suministros dende anos anteriores …, sen que conste expediente de contratación algún… estes servizos e suministros superaron o prazo máximo dun ano … Polo tanto, será obriga do Concello, no caso de que se sigan a precisar no futuro estes servizos e suministros, a licitación dos oportunos contratos administrativos”; obriga que o PSOE non parece ter intención de cumprir, demostrando desprezo e ninguneo pola lexislación, como o evidencian os últimos informes técnicos: “… dánse por reproducidas no presente informe a fiscalización de desconformidade efectuada en reiterados informes emitidos durante o ano en curso e anteriores.”
En tal situacións están unha dúcea de servizos municipais, como a recollida de residuos, a limpeza viaria, os cemiterios, a piscina, o monitoraxe deportivo, a assistencia xurídica, a redacción de proxectos e as direccións de obras, o mantemento e aluguer de fotocopiadoras, a asistencia técnica de urbanismo, o transporte público, a publicidade, o subministro de materiais (limpeza, eléctrico, obras, …), o reforzo educativo, as clases de inglés, os obradoiros de inserción, … Pola contra, servizos con contrato estanse a facturar tamén por outras empresas, como é o caso do subministro de combustíbel.
Non só importan os aspectos legais; como afirman, tamén, os técnicos “… dende unha perspectiva económica e de eficacia e eficiencia, … sería igualmente beneficioso para o Concello a utilización dos procedementos establecidos …, de cara a alcanzar os obxectivos de … control do gasto.”
O PSOE que tanto publicita a súa boa xestión económica, o PSOE que tanto aforrou ao sacar a contratación (despois da insistencia do BNG) o subministro eléctrico, xa non necesita, non quere aforrar máis?. E a legalidade?. E o control?.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios