OS ANTIGOS VECIÑOS DO BARRIO DO MEIDELO CELEBRARON O SAN CRISTOVO DO VILAR

225

A aldea da Esfarrapa -un dos anacronismos da división territorial de Galicia, pois varias casas desta aldea pertencen ó concello de As Pontes e outras ó das Somozas- foi o escenario da festividade do San Cristovo do Vilar, antigo barrio que desapareceu pola explotación da mina de carbón. As festas, que comezaron o sábado, remataron o domingo cun xantar ó que se achegaron preto de 400 persoas e iso que no concello pontés e arredores había outras celebracións festivas. A banda de gaitas Alfaia e os grupos La Hora Bruja e Maracuyá amenizaron a sesión vermú e verbena do sábado. O domingo estiveron o grupo de música tradicional Os Suplentes e “PK-2”.
vilar


A BARRIADA DO MEIDELO
De toda esta barriada tan só quedan as aldeas da Carballeira, O Castelo, Cheibán, A Esfarrapa, Rámez e O Reboredo. Están situados ó norte da parroquia de Vilavella e neles habitan unha trintena de persoas cando en 1970 a “barriada”contaba cunha poboación próxima ós catrocentos habitantes. O lugar do Grou atópase na actualidade en ruínas. A explotación da mina, hoxe convertida nun lago de oito quilómetros cadrados con praia incluída, fixo que desapareceran para sempre as aldeas da Cartilida, O Casaldaboa, A Casalonga, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, O Outeiro, A Picheira, O Ribeirón e O Vilar.
Esta circunstancia motivou ós antigos veciños destas aldeas a celebrar de novo a súa festa patronal e á construción dunha nova capela no ano 1989, que conta cun adro novo dende o ano 2011. A antiga estaba situada na aldea do Vilar e fora construída no século XVIII pola familia Fresco. Dela só se conserva a campá e as imaxes. Dende moi antigo vense celebrando a festa na honra de San Cristovo a primeira semana de setembro, aínda que no primeiro terzo do século XX pasou ó día do patrón, no mes de xullo. Aló polos anos cincuenta e sesenta do século pasado a festa tivo moita sona, pois a ela ían moitos romeiros de aldeas da comarca.
As Pontes, 2 de Setembro de 2013 (AF)
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
vilar
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios