COPA XUNTA DE GALICIA: O ESTEO F.S. – CONCELLO DE MOS (2-3)

37

Mal comezo de temporada e mal partido do Esteo, que se veu sorprendido na casa polo Concello de Mos, equipo da primeira autonómica que se levou de As Pontes tres merecidos puntos no encontro da primeira xornada da Copa Xunta de Galicia. no choque, que resultou por momentos bronco e con malos modos por parte dos dous equipos, houbo tres expulsados e os árbitros, que tiveron unha mala actuación, amosaron nada máis e nada menos que doce tarxetas, unha delas vermella directa, ó porteiro local Ito, e expulsaron, por dobre amarela, a Rubi do Esteo e Peque e David, do cadro pontevedrés.
As cousas poñíanse ben para o Esteo ós cinco segundos de partido ó anotar Rober o primeiro gol. Pero, iso foi un espellismo, xa que seis minutos despois os visitantes igualaban o partido nun saque de banda directo á porta local que Choto non atalla e cólaselle na portería. Un minuto despois o Mos marca o segundo gol. O dominio era alterno con ocasións para os dous equipos.
Sen embargo, quen está máis atinado de cara á porta e crea máis perigo é o Concello de Mos, que volve a marcar de falta directa na metade do primeiro tempo. Intentos do Esteo para emendar esta sorprendente vitoria momentánea do Mos, un equipo de inferior categoría, pero que nas Pontes amosou moi boas maneiras e ser superior a un Esteo que terá que mellorar para afrontar con certas garantías a nova categoría da Segunda División B. A cinco minutos para o descanso Fran acurta diferenzas marcando o segundo local, aínda que os dous equipos desperdiciaron senllos dobre penalti para haber marcado, pero os porteiros estiveron máis certeiros que os lanzadores.
Pensábase nunha reacción local na segunda parte, pero iso quedou nunha intención, nun querer e non poder. Os pontevedreses amosaron unha forma física superior ós ponteses e cunha boa defensa, un bo porteiro e perigosos contragolpes evitaron que os locais empatasen cando menos o partido, e incluso tiveron ocasións para aumentar o seu marcador, rematando o partido co resultado do primeiro tempo, vitoria do Concello de Mos, un resultado que lle pon moi costa arriba a clasificación ó Esteo.
Para pasar a cuartos de final, nas dúas xornadas que restan desta primeira fase o Esteo ten que gañar en Lugo ó Casas e vencer na casa ó Cidade de Narón e quedar á espera doutros resultados.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Gerardo, Rubi, Rober –cinco inicial- Pelu, Diego, Fran e Ito.
CONCELLO DE MOS FS: Toni, Carlos, Peque, David, André –cinco inicial- Chuti, Siso, Tito e Maikel.
ÁRBITROS: Mala actuación dos colexiados lugueses Trebolle González e Silva Villar. Amosaron un rosario de tarxetas. Expulsaron a Ito e Rubi, do Esteo, e a Peque e David, do Mos. Ademais, amarelas a Pelu, Gerveno, Gerardo, Fran, Rober, polos ponteses e a Siso do Concello de Mos.
GOLES: Min. 1 (1-0), Rober. Min. 6 (1-1), Peque. Min. 8 (1-2), David. Min. 10 (1-3), André. Min. 14 (2-3), Fran.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da Copa Xunta de Galicia disputado este sábado 7 no pavillón municipal da Fraga ante uns cen espectadores, con asistencia dunha ducia de seguidores pontevedreses.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios