TERCEIRA DIVISIÓN 2013/14 (3ª Xornada): C.D. AS PONTES – BETANZOS C.F. (0-0)

84

Mal partido presenciaron os poucos afeccionados que se achegaron ó campo do Poboado na tarde deste domingo soleado e sen vento, ó contrario da xornada anterior, circunstancia que podía presaxiar un bonito e entretido encontro entre ponteses e betanceiros. Sen embargo, sucedeu todo o contrario, xa que tanto As Pontes coma Betanzos non foron capaces de mover o marcador inicial. Si ben é certo que o partido tamén estivo condicionado pola rigorosa expulsión de Sergio Arias por unha falta a Alberto cando ían 32 minutos de xogo e polo penalti lanzado por Bossa no minuto 54 que parou o meta Manuel.
Estas dúas incidencias puntuais marcaron un partido pobre, soso e aburrido no que durante os noventa minutos o dominio foi do As Pontes, pero sen apenas crear moito perigo na portería betanceira. Pola súa banda, o equipo da Cidade dos Cabaleiros fixo o seu encontro cunha boa defensa que desfacía todo ataque pontés e arriscando tamén en ataque aínda que sen crear claras ocasións e perigo na porta de Kiko.
Na primeira parte tan só debemos sinalar un balón de Fidi que se foi rozando o poste da portería visitante no minuto sete de partido. Logo sería Chote no 23 cando erra un lanzamento, sendo a máis clara a do defensa Aitor que enviou un balón ó longueiro despois dun lanzamento de falta. Nas botas de Bossa e David Amado estiveron as outras ocasións dos locais, mentres que os betanceiros apenas crearon perigo na porta de Kiko nesta primeira metade.
A segunda parte foi outro calco da primeira, dominio do As Pontes, pero pouca mordente en ataque e un Betanzos que limitouse a defender o empate e facer algún que outro tímido contragolpe. Soamente sinalar un disparo de Rochela dende a banda dereita que se foi a córner, o penalti non transformado por Bossa e dúas ocasións do ex do As Pontes Eloy por parte do Betanzos. Ó remate dos noventa empate a ceros e un xusto reparto de puntos entre dous equipos que non agradaron ós poucos espectadores que se deron cita no campo do Poboado.
cdaspontes


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Chote, Aitor, Pablo Domínguez, Fidi (Iván, 65), David Amado (Dani, 71), Bossa, Sergio Arias (exp. 32) e Chicho (Esmorís, 84)
BETANZOS CF: Manuel, Cardelle, Vigo, Agulló, César, Martín, Carba (Óscar, 83), Manu Pique (Coedo, 57), Eloy, Cristóbal e Alberto (Sergio, 61).
ÁRBITRO: Manuel Rodríguez Barreira, asistido de Correa Caballero e Fojo Rodríguez, da delegación de Vigo. Expulsou con vermella directa a Sergio Arias no minuto 32 e amosou tarxetas amarelas ós visitantes Agulló, Martín e Sergio. A instancia do asistente da banda de tribuna, o colexiado tamén expulsou ó segundo adestrador do As Pontes, José Luís Fontao.
GOLES: SEN GOLES.
INCIDENCIAS: Partido da terceira xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado en tarde soleada e cunha asistencia duns 200 espectadores nas gradas. Presenza de seguidores betanceiros.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios