O CONSERVATORIO DE AS PONTES BUSCA DIRECTIVA DA ANPA

70

Son Mª José Alén, do ANPA do Conservatorio. Como xa anunciamos no seu día esta asociación está a piques de desaparecer. Aproveito esta paxina web, para darlle a máxima difusión, e así intentar concienciar a xente que ten relación co Conservatorio, a axudar e a formar parte de ela.
O que queremos dicir aquí é, que comprendades que non se pode manter unha asociación sen a participación da maioría dos pais dos nenos que asisten ó Conservatorio. Debido a esta falta de interese, dos socios e dos non socios, vamos a optar por disolvela.
Entre cuotas e subvencións, acadamos anualmente unha cifra superior ós 2500€, que se usa para comprar material, partituras e instrumentos para o conservatorio, e para colaborar nos concursos, os cursos, concertos didácticos, etc. e desto, estanse beneficiando todos os alumnos, os sócios e os non sócios. Creemos que non están os tempos para facerlle ascos a tantos cartos.
Se creedes que se deberían gastar noutra cousa ou doutro xeito, podedes dicilo. Só tedes que ser socios, e séndoo, participar nas decisións, opinar e incluso axudar a facelo. Os membros de esta Anpa levamos xa catro anos ó fronte e necesitamos que alguén nos releve.
Avisarémosvos da próxima reunión, que será en breve, en canto empece este curso. Se tedes interese en que a ANPA siga funcionando, demostrádeo indo e facéndovos socios. Se non o facedes, ese mesmo día, a ANPA desaparecerá.
Moitas grazas e perdoade a intromisión.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios