Nota de Prensa CxG As Pontes: Mocion sobre transparencia

37

Dende o Grupo Municipal de Compromiso por Galicia-As Pontes, Jéssica Fernández Polo, levará ao pleno do xoves 12 de setembro, unha moción có obxectivo de facer máís transparente e participativa a vida municipal
Entendemos dende CxG-As Pontes, que faise necesario máis que nunca que a actividade política sexa o máis transparente posible. Algo aínda máis importante, se cabe, nos concellos, por seren a administración máis achegada á cidadanía
Según a Concelleira Jéssica Fernadez Polo, “É necesario dar resposta ás demandas cidadás de transparencia nos asuntos públicos, en concreto do funcionamento das Administracións e isto implica o acceso da cidadanía á información necesaria sobre cuestións tales como os orzamentos, a contratación de bens e servizos, os salarios de electos e traballadores ao servizo da administración e mesmo os procesos de selección e organización do persoal. Trátase, en definitiva, de facer visible que esta administración, directamente elixida polos cidadáns, está ao servizo destes con criterios de eficiencia, eficacia e absoluta claridade.”
Dende CxG As Pontes, entendemos que a dignificación da política tamén pasa porque as organizacións políticas traballen a favor do ben común da cidadanía. O dereito dos membros das Corporacións Locais á información necesaria para o desenvolvemento dos seus cargos é esencial para o funcionamento democrático de ditas corporacións e para o dereito fundamental de participación nos asuntos públicos.


Neste momento no que a desconfianza da cidadanía na actividade política é tan alta, faise necesario máis que nunca que esa actividade política sexa o máis transparente posible. Algo aínda máis importante, se cabe, nos concellos, por seren a administración máis achegada á cidadanía. Estamos vivindo unha época na que a desafección da cidadanía pola política vai en aumento día a día, desafección provocada e difícil de superar por todas as novas que xurde a cotío sobre casos de corrupción e malas prácticas, casos que salpican a distintas organizacións políticas e distintas administracións públicas .
É necesario dar resposta ás demandas cidadás de transparencia nos asuntos públicos e en concreto do funcionamento das Administracións Públicas. Esta transparencia tamén implica o acceso da cidadanía á información necesaria sobre cuestións tales como os orzamentos, a contratación de bens e servizos, os salarios de electos e traballadores ao servizo da administración e mesmo os procesos de selección e organización do persoal. Trátase, en definitiva, de facer visible que esta administración, directamente elixida polos cidadáns, está ao servizo destes con criterios de eficiencia, eficacia e absoluta claridade.
Por outra banda, a dignificación da política tamén pasa porque as organizacións políticas traballen a favor do ben común da cidadanía. O dereito dos membros das Corporacións Locais á información necesaria para o desenvolvemento dos seus cargos é esencial para o funcionamento democrático de ditas corporacións e para o dereito fundamental de participación nos asuntos públicos.
1. Informar a través da páxina web do concello da convocatoria dos Plenos, a súa orde do día e as propostas presentadas polos distintos grupos municipais
2. Publicar na páxina web do Concello as actas dos plenos e das xuntas de goberno local de xeito actualizado
3. Crear unha mediateca na páxina web do concello onde se recollan as gravacións das sesións plenarias
4. Publicar na páxina web do concello nun lugar visible e de forma intelixible os orzamentos vixentes, así como o estado de execución cada 6 meses e a liquidación
5. Publicar na páxina web do concello de xeito sinxelo e intelixibles todas as subvencións e axudas concedidas, bases, criterios para a súa concesión e beneficiarios
6. Publicar na páxina web as retribucións dos membros da corporación e dos grupos municipais
7. Publicar na páxina web o organigrama do Concello coas funcións dos cargos públicos nos que figuren os datos de contacto
8. Publicar na páxina web a relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, sempre dacordo coa Lei de Protección de Datos
9. No que atinxe ás contratacións administrativas, seguir as recomendacións da Comisión Nacional da Competencia en orde a garantir que se opte por aqueles procedementos de contratación que permitan maior transparencia, publicidade e competencia entre licitadores
10. Mellorar a publicación na web dos anuncios, pregos e licitacións de obras públicas, así como dos procedementos de contratación de persoal, facéndoos máis accesibles.
11. Publicar na páxina web o seguemento e control da execución das obras (obxectivos das mesmas, contratistas, importe orzamentado, prazos de execución…)
12. Facilitar o acceso dos concelleiros á información do rexistro municipal, proporcionando acceso ao sistema informático de xestión.
13. Adxudicar unha clave para uso das fotocopiadoras a cada grupo político
14. As solicitudes de acceso á documentación por parte dos concelleiros e concelleiras serán concretas, individualizadas respecto de cada expediente, non entorpecendo en ningún momento o normal funcionamento dos servizos administrativos.
15. As solicitudes de acceso á información deberán ser resoltas de xeito expreso no prazo de 5 días naturais a contar a partir da solicitude, no caso de que no citado prazo non se tivera denegado de xeito expreso e motivado o acceso á documentación, este entenderase concedido por silencio administrativo.
16. Informar aos distintos departamentos e traballadores do concello dos acordos tomados

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios