OS PONTESES CHUS CAÑIZARES E ENRIQUE FORNOS DEBUTAN CO DEPORTIVO DA CORUÑA

382

Gran día o de onte para o fútbol local pois os futbolistas ponteses Jesús “Chus” Cañizares Sánchez (21-4-1992) e Enrique Fornos Domínguez (1-1-1997) debutaron onte co primeiro equipo do Deportivo en competición oficial, na Copa do Rei, nun encontro no que os coruñeses empataron a 2-2 en Córdoba e acabaron gañando nos penaltis, 13-12.
O media punta Chus Cañizares xogou de principio sendo sustituido polo internacional sub17 de hai dúas tempadas, Dani Iglesias Gago (1995), no minuto 63´, e o central Enrique saiu no 87´ en sustitución de Javier Fernández Abruñedo “Bicho” (1996), tamén internacional sub17, pero no curso anterior, e xogou toda a prórroga, incluso marcou un penalti cunha veteranía impropia dos seus 16 anos.
chus_fornos.png


Cañi xogou no CD As Pontes dende os 9 anos, cun parentese na tempada 2010-11 onde formou parte do Racing de Ferrol Xuvenil de División de Honra. Co equipo local gañou dúas Ligas, Alevín 2002 e Cadete 2007, e catro Copas de Ferrolterra, Alevín 2002 (Narón 0 – As Pontes 7), Alevín 2003 (Ánimas 2 As Pontes 3), Cadete 2007 (Cedeira 1 – As Pontes 1*), e Cadete 2008 (Galicia Caranza 0 – As Pontes 1), perdendo entremedias a final alevín de 2004 co Eume nos penaltis. Tamén foi asiduo nas convocatorias da selección de Ferrol.
Despois de xogar dous anos no primeiro plantel do As Pontes en Terceira División foi fichado este verán polo Deportivo B, pero alterna o primeiro equipo co Fabril e seguramente esta non será a última vez que xogue ás ordes de Fernando Vázquez.
Despois de xogar catro partidos co primeiro equipo en pretemporada e contra o Real Madrid no Teresa Herrera onte foi o seu debut “oficial”. Partido moi especial para Chus pois a súa familia é orixinaria da fermosa cidade andaluza (para os que tivemos o gusto de visitala).
Pola súa banda Enrique formou parte das categorías infriores do CD As Pontes dende os 7 anos, pois chegou na época na que se estreou a categoría prebenxamín, e foi Campión de Liga Alevín en 2009 e da Copa de Ferrol dese mesmo ano, vencendo na final ó Galicia de Mugardos, 7-2, con 5 tantos de Quique. En 2010, no seu primeiro ano de infantil, conquista cos seus compañeiros a Liga con todos os partidos gañados e xoga a fase de ascenso. Tamén foi asiduo da selección ferrolá alevín.
Este é o seu cuarto ano no Deportivo, onde sempre foi xogando en categorías superiores, este ano correspondíalle o xuvenil, sendo aínda de primeiro ano, pero xa está no Deportivo B, e ademáis, titular nos dous últimos encontros. Tamén foi capitán da selección galega alevín en 2009 e da selección galega cadete en 2013.
Por certo, nestes días a selección española sub17 está a xogar en Bélxica dous encontros amistosos, o primeiro gañouno 3-1, con triplete de Sergi Canos. Agardemos que este debut co primeiro equipo herculino non sexa a última alegría que nos dea Enrique no que queda de ano.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios