Nota de prensa do BNG: O ALCALDE DAS PONTES MINTE E MANIPULA PARA TAPAR AS SÚAS IRREGULARIDADES

56

As obras do Bidueiral foron executadas, fai case que dous anos, pola empresa dun candidato do PSOE.
As Pontes, 15 de setembro de 2013.- Que obxectivo pode ter un Alcalde que fai pública unha actuación executada fai case dous anos, que utiliza e manipula a persoas, e que minte conscientemente?. Ou é que é o ser proceder político habitual, que el é así?.
A respecto das declaracións do veciño, o BNG remítese ás que tiña feito, tamén nos medios de comunicación, no momento da inauguración das instalacións de enerxía renovabeis (pequena eólica e solar –fotovoltáica e térmica-), coa aportación económica, por completo, de Endesa e da Consellaría de Industria.
Nas súas declaracións, o Alcalde non ofrece toda a información da súa xestión incuestionable: as obras de electrificación da casa do Bidueiral foron executadas a comezos de 2012 -como acredita a reportaxe fotográfica do 20 de xullo compulsada polo Concello o día 6 de agosto-, sen contratar, pola empresa dun candidato do PSOE nas municipas de 2011,. No pleno do 24 de xullo de 2012 (http://www.aspontes.com/gal/concello/actas-pleno/get/ano/2012/), coas obras xa rematadas como sinalaba o BNG, o PSOE presentaba unha memoria valorada en 57.475,47Є e comprometía os cartos. Na xunta de goberno do 11 de setembro, o PSOE aprobaba unha factura por 57.475,57Є cun informe desfavorábel do servizo económico por non tramitar o expediente de gasto.
Esquece dicir, tamén, o Alcalde que nos dous quilómetros do tendido puxéronse postes de apoio usados, dos anos 2002 e 2006, cando na contratación non se fixo baixa algunha.
O BNG empraza ao Alcalde a auditar ou denunciar as dúas actuacións, o que, ademais de clarificar a súa execución e subministrar unha información real e depurar, de ser o caso, responsabilidades, permitiría que o Alcalde fixera o seu traballo –polo que, por certo, cobra-, que, como ben debe saber, e construír un futuro para As Pontes, e non manipular o seu pasado con interés político.
bidueiral_0001.jpg


bidueiral_0002.jpg
bidueiral_0003.jpg
bidueiral_0004.jpg
bidueiral_0005.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Comentarios