PARTIDO DE HOMENAXE A PELLÓN: O ESTEO F.S. – O PARRULO (4-1)

53

Bonito e entretido partido o que disputaron este sábado o Esteo e O Parrulo, que serviu de presentación oficial do club e ó mesmo tempo de homenaxe a Pellón, un dos mellores deportistas que deu As Pontes e que despois de 23 anos –dos que a maior parte estivo nos dous equipos que se enfrontaban hoxe nesta súa homenaxe- deixou o fútbol sala activo. O Esteo estivo neste partido moito mellor ca no partido de copa. Na primeira parte o marcador rexistrou un 2-0 a prol dos locais con dous equipos que, a pesar de ser un encontro amigable, estiveron moi enchufados no xogo facendo un bonito fútbol sala e creando ocasións de gol. Por parte dos locais houbo dúas nas botas de Héctor e polos ferroláns Jacobo estivo a piques de marcar no minuto oito. O primeiro gol do Esteo chegou no minto 16 nun balón que rouba Pelu e marca. A falta de dez segundos para o descanso hai unha falta ó borde da área visitante que lanza maxistralmente Rubi polo escuadro establecendo o dous a cero.
Con este resultado da primeira metade comeza o segundo tempo coa mesma tónica de xogo, dominio alterno e con ocasións para os dous equipos, sendo as dúas primeiras para O Parrulo, estando na primeira moi acertado Ito e na segunda o lanzamento desde a esquerda de Jacobo foise ó longueiro. Xa mediado este segundo tempo, Jacobo marca o gol dos ferroláns despois dun despiste da zaga do Esteo. Logo, Rubi anota o segundo da súa conta particular tras un saque de esquina.
O partido creceu en intensidade cun Esteo que se defendía ben e un Parrulo que trataba de igualar a contenda. Tivo boas ocasións o cadro ferrolán, pero tanto Ito como despois Iván estiveron moi acertados nas súas intervencións. Cando xa o encontro estaba a piques de rematar chega o cuarto gol local e o terceiro de Rubi, que fixo un gran partido dentro do bo nivel de todo o equipo, rematando o encontro cunha clara vitoria do Esteo, que neste choque amosou boas maneiras.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Héctor, Rubi, Rober –cinco inicial- Pelu, Diego, Gerveno, Ito e Iván.
O PARRULO FS: Ángel, Villas, Víctor, Jacobo, Borja –cinco inicial- Carlos, Isma, Óscar e Alberto
ÁRBITROS: Trío feminino para dirixir este encontro amigable, con Raquel Manteiga e Beatriz Remeseiro en pista e Laura Vila, na mesa, da delegación da Coruña. Tarxetas amarelas a Víctor e Isma, do Parrulo.
GOLES: Min. 16 (1-0), Pelu. Min. 20 (2-0), Rubi. Min. 27 (2-1), Jacobo. Min. 32 (3-1), Rubi. Min. 40 (4-1), Rubi.
INCIDENCIAS: Partido amigable de homenaxe a Pellón, que fixo o saque de honra e recibiu senllas camisetas dos dous equipos, disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada, uns 250 afeccionados nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios