As Pontes prepárase para unha singular festa da Fraga animada por Los Suaves

110

A tradicional Festa da Fraga das Pontes adiouse este ano en solidariedade co accidente de tren de Angrois. A cita, con algunhas variacións, recupérase o próximo domingo día 22 co protagonismo musical da veterana banda ourensá de rock Los Suaves.
A celebración quere recuperar nesta ocasión o arrecendo de antano coa organización de merendas como as que iniciaron a festa pero non se permitirá a construción de cabanas, si poderán habilitarse toldos no parque da Fraga.
O programa comeza cunha sesión vermú ás 13.30 horas a cargo dunha orquestra que repetirá na verbena nocturna a partir das 22.00 horas. Antes, a partir das 20.00 horas, actuarán Los Suaves, que este ano son o principal reclamo deste encontro na alameda pontesa.
fraga.jpg


Por outra banda, xa está anunciado o II Mercado do Medievo das Pontes, unha cita patrocinada polo Concello e organizada pola empresa Fusión Medieval coa colaboración da asociación Lembranza da Vila. Celebrarase os próximos días 27, 28 e 29 de setembro na praza da Vila.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios