O grupo poético Alalá das Pontes celebra unha década de intensa actividade cultural

113

[Diario de Ferrol] Nos últimos dez anos a actividade creativa e de difusión poética nas Pontes non se entendería sen o labor desenvolvido polo grupo Alalá. O colectivo, do que forman parte fundacional Gloria David, Aníbal Ánxel, Santiago del Moral, Ofelia López, Mª Carmen Freire e Gema Bermúdez, desenvolve un traballo constante na Biblioteca Municipal con recitais propios e de coñecidos escritores das letras galegas. Así, para conmemorar esta década e o traballo a prol da cultura galega levadoa cabvo na vila, Alalá organiza dúas actividades literarias nos próximos días.


A palabra faise voz
O día 27 de setembro a Casa Dopeso acolle, a partir das 21.00 horas, un recital poético do grupo que se completa posteriormente coa actuación musical de Alende, unha prestixiosa formación de cantareiras das Pontes. Posteriormente, o 4 de outubro, preséntase no Auditorio Municipal Alovi, a partir das 21.00 horas, o volume “10 anos de poesía nas Pontes”, unha publicación editada polo novo selo Galebook. O volume inclúe versos dos creadores ponteses citados como membros de Alalá, así como unha ducia dos autores e autoras que durante estes últimos anos protagonizaron na vila pontesa os recitais organizados polo colectivo poético. Entre eles figuran coñecidos autores das letras galegas como a pontesa Medos Romero, Xosé Vázquez Pintor, Darío Xoán Cabana, Xulio López Varcárcel, Diana Varela Puñal, Eduardo Estévez, Suso Pensado, Daniel Salgado, Xosé Luís Sobriño, Antón Fortes, Isabel Fresco e Carlos Blanco, entre outros.
Aínda que non todos, a maioría destes poetas xa confirmou a súa asistencia ás Pontes para participar no recital do 4 de outubro que será, xunto coa publicación da antoloxía, a culminación dos actos organizados polo colectivo Alalá.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios