SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – GUARDO F.S. (4-1)

70

Debutaba o Esteo nesta Segunda División B na casa ante o Guardo; equipo fundado no 2009 e que disputa esta a súa segunda temporada nesta categoría. O Esteo fixo a estrea da mellor maneira posible, acadando os tres puntos e por un claro resultado, aínda que o marcador non reflicte o que sucedeu na pista, xa que o encontro estivo moi nivelado ó longo dos corenta minutos, cun Esteo que lle custaba chegar con claridade á porta visitante e un Guardo que amosou boas maneiras neste primeiro partido de temporada.
Adiantouse na primeira metade o cadro das Pontes tras unha boa combinación entre Rober, Diego e Rubi que este último manda ó fondo das mallas cando ía o minuto quince de partido. Puido ampliar a diferenza o cadro pontés antes de marchar ó descanso, pero tanto Gerveno, no minjuto 16, como Diego, no 18, fallaron senllos dobres penaltis.
Aínda que comezou o segundo tempo cunha gran ocasión de Gerardo, que desviou caendo o porteiro Víctor, estivo moi ben o meta local Ito, que salvou ata catro ocasións nas que os guardenses quedaron sós, incluso Yoni mandou un balón á cruceta cando ía o minuto 32.
Pero foi Rubi, o que tras desfacerse dun contrario, quen marcou de tiro cruzado poñendo un 2-0 máis tranquilizador cando ía o minuto 33. O equipo visitante sacou a Yoni como porteiro-xogador nos últimos cinco minutos. Sen embargo, a táctica non resultou, xa que faltando dous minutos puido sentenciar Rubi; pero, sen porteiro, enviou o balón por alto, quedando o ferrolán sen o “ hat trick”.
Si anotou Gerardo, a pracer e a porta baleira, faltando un minuto. Pero, máis aínda daría emoción ó partido Chochi ó poñer o 3-1 a poucos segundos do final, nun balón que tocou Ito pero acabou entrando na porta local. Pelu, cando tan só quedaban dez segundos para o remate, puxo no luminoso o 4-1 definitivo que fai historia no Club Esteo neste debut na categoría de bronce do fútbol sala español ante un equipo do Guardo que nunca deu por perdido o partido e que en certos momentos puxo en apuros ó cadro local nun encontro que estivo moi igualado e que se decantou a prol do que estivo máis atinado de cara ó gol nos minutos finais do partido.
Visitará o Esteo a vila ourensá do Barco de Valdeorras a semana que vén para xogar cun vello coñecido, o Pizarras Tres Cuñados.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Héctor, Rubi, Rober –cinco inicial- Pelu, Diego, Gerveno, Fran e Ito.
GUARDO FS: Víctor, Raúl, David, Chochi, Kuin –cinco inicial- Chuco, Beto, Yoni e Héctor.
ÁRBITROS: Ferreiro Carballal e Roldán Pérez, de Pontevedra. Tarxetas amarelas a Rubi, do Esteo, e Beto, do Guardo.
GOLES: Min. 15 (1-0), Rubi. Min. 33 (2-0), Rubi. Min. 38 (3-0), Gerardo. Min. 39 (3-1), Chochi. Min. 40 (4-1), Pelu.
INCIDENCIAS: Primeiro partido da Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga ante uns 250 espectadores. Antes do inicio do encontro un representante da Federación Galega de Fútbol, acompañado do ex árbitro de primeira división o pontés Evaristo Puentes Leiras, fixo entrega do trofeo de campión de liga da pasada temporada ó capitán do Club Esteo.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova de Xosé e Antón Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios