PROGRAMAS XORNADAS APÍCOLAS DO EUME E V FEIRA DO QUEIXO DO EUME E DO MEL DE GOENTE

35

Programa-V-Feira-do-queixo-mel.jpg


Programa.jpg
CONCURSO DE RECEITAS CON “QUEIXO, REQUEIXO, MEL E PRODUTOS APÍCOLAS”
O vindeiro 11 de outubro de 2013 (venres), terá lugar o Concurso na Casa do Mel, a entrega dos pratos participantes farase de 17 a 18 horas.
Bases do concurso de receitas con queixo, requeixo, mel e produtos apícolas.
1. Poderán participar tódolos profesionais e particulares afeccionados á cociña que o desexen, sexan residentes ou non no Concello de As Pontes. Tódolos pratos presentados terán entre os seus ingredientes principais un ou varios produtos “da Queixería do Eume e da Casa do Mel”.
2. Haberá dúas categorías: profesionais e particulares.
3. Contarase con dúas seccións: pratos salgados e repostería.
4. Os candidatos que queiran participar no concurso terán que comunicalo chamando á Casa do mel Telf.- 981102249 – 661003616 ou no correo electrónico casadomel@vodafone.es antes do 9 de outubro do 2013, indicando a categoría e sección na que están interesados en participar, así como o nome do participante e da receita.
5. Os pratos deberán presentarse en prato ou bandexa aptos para o efecto e nas condicións hixiénicas apropiadas.
6. Cada prato irá acompañado dos datos da persoa que o presenta (nome, apelidos, enderezo, teléfono máis nome da receita) dentro dun sobre en branco e pechado. O nome do prato e a receita completa do mesmo (ingredientes, modo de preparación, presentación, etc.) e a categoría e sección na que participa (profesionais ou particulares, salgado ou repostería) entregarase en man acompañando o prato. Asignarase a cesión da receita a favor do Concello das Pontes e das Asociacións que organizan o concurso. A organización poderá reproducir as receitas que considere convinte en libros ou calquera outra publicación, en soporte papel, electrónico, audiovisual ou calquera outro.
7. A cada prato adxudicaráselle un número no mesmo intre da súa recollida, o mesmo que se lle dará á persoa que o presenta. O sobre pechado pegarase no fondo do recipiente presentado co número.
8. Os pratos presentaranse rematados o día 11 de outubro, antes das 18 horas, e os finalistas estarán expostos ao público na V Feira do queixo e do mel.
9. O xurado valorará de 0 a 10 os seguintes aspectos de cada receita presentada o concurso: presentación , sabor, orixinalidade, relevancia do queixo, requeixo ou mel no conxunto do prato.
10. As receitas salgadas que obteñan a maior puntuación dentro de cada categoría (profesionais ou particulares) será proclamada “Mellor receita salgada V Feira do queixo e do mel 2013”.
11. As receitas de repostería que obteñan a maior puntuación dentro de cada categoría (profesionais ou particulares) será proclamada “Mellor receita de repostería V Feira do queixo e do mel 2013”.
12. PREMIOS: 1º premio de cada categoría: un lote de produtos da Casa do mel e de Queixerías do Eume. Todos os participantes recibirán un agasallo.
13. O xurado estará composto por cinco persoas, este poderá declarar deserto un ou máis premios. A decisión será inapelable.
14. O incumprimento de calquera punto das bases supón a exclusión do concurso. O feito de participar no concurso supón a aceptación destas bases.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios