TERCEIRA DIVISIÓN: PONTEVEDRA CF 2 CD AS PONTES 0

53

Derrota do As Pontes en Pasarón ante un dos teóricos gallitos da categoría, xunto co Deportivo B, o Pontevedra.
Esta temporada os equipos teñen o costume de saír xuntos ó campo, e a saída deste domingo semellaba a dos gladiadores ó Coliseo Romano, o máis de un milleiro de espectadores que acudiron ó campo asubiaron e pitaron moito … ó equipo local, trala derrota a semana pasada ante o Laracha 2-0, que motivou o cambio de adestrador, equipo coruñés que por certo, de seguir así clasificará para a Europa League polo menos.
Acabouse a época veraniega e a chaparrada que caeu este domingo en forma de auga encharcou algúns lugares do campo.
pontevedra


As primeiras ocasións do cadro local chegaron por parte do cadro azul. No 13´ nun centro dende banda dereita, no seu intento de despexar a córner chega tan apurado Dani que a piques está de dar un bo susto a Kiko. Tres minutos despois é o marinense Aitor, que onte xogou o lado da súa casa, e non o fixo mal, despexa un córner de cabeza, coa mala fortuna que rebota nas costas de Bossa e o balón marcha fora por pouco.
Necesitaba o Pontevedra a victoria e o encontro puxoselle de cara cun penalti no 19´, o dianteiro queda so e é posible que Kiko o obstrua. Lanza David Feito moi ben, e engana totalmente o gardamallas viveirense.
Primeira aproximación do As Pontes cun tiro de falta de Bossa que se vai por riba do longueiro (24´). Minutos máis tarde chega probablemente a mellor casión do cadro azul no encontro, falta lateral botada por Bossa, e Nano cabecea non todo o ben que el quixera pola oposición dun defensa, pero aínda asi a súa cabezada vai a rentes do pau co porteiro xa batido (29´).
Xogadon do Pontevedra no 32´, sacan unha falta lateral, centra o extremo sen deixala caer, e empala Luismi ó fondo das redes sen baixar o balón. Por sorte o xuíz de liña sinalou fora de xogo que semella que si foi, agradecese porque nos campos dos grandes é difícil sinalar esas accións.
Pero non durou moito a alegría pois David Pérez; que sustituiu ó lesionado olívico Pablo Lede, ex compañeiro de Rochela nas seleccións españolas; vaise comodamente por banda esquerda, centra, e cun escorzo que firmarían o mesmísimo Marcelino ou Santillana, cabecea dende unha distancia considerable Luismi, o balón pasa por riba de Kiko e entra (37´). Así se chegou ó descanso.
Nos primeiros minutos do segundo tempo o As Pontes tivo dúas boas aproximacións, lástima dun pase maxistral de Bossa no que Arias quedou so pero en fora de xogo. Puido sentenciar o Pontevedra tras unha falta lateral dereita no que chega so e libre de marca Carnero pero Kiko salva a bocaxarro (49´).
Bonita combinación entre Amado e Sergio Arias, marca o de Portomarín, pero en fora de xogo (53´). Un defectuoso despexe de Kiko non é aproveitado por Moreira dende uns 30 metros (56´).
Saíron Chicho e Fidi para dar máis mordente ó ataque pontés, destacar unha cabalgada de Rochela con remate final a rentes do pau (62´), e un bo pase de Chicho a Amado, que non quixo tirar de primeiras e botouselle o defensa enriba (64´).
Achegabanse os minutos finais, e tras un saque de córner remata Yago e deten Kiko en dous tempos (76´).
Saiu o último recambio, Alex Cabarcos, e no último treito o encontro convertiuse nun correrúas, destacar un córner envelenado de Bossa (86´) un remate de Arias (90´) e unha cabalgada de Amado (92´), anque o Pontevedra tamén puido sentenciar nunha pequena indecisión entre Aitor e Kiko que a piques está de aproveitar Richi (91´).
Finalizou o partido e merecidos tres puntos para o cadro pontevedrés que se reconcilia momentáneamente coa súa afección. O As Pontes agora é undécimo, empatado co Somozas a 12 puntos. Lidera Boiro 18, Arousa 17, Cerceda, Ordes e Laracha 16, Deportivo B 15, Barbadás, Pontevedra e Vilalbés con 13. Afortunadamente o descenso segue estando a 7 puntos, e precisamente o Negreira, que ten 5 puntos e está empatado co Alondras na criba do descenso visitará o Poboado a vindeira fin de semana nun partido que hai que intentar gañar si ou si anque non sera nada doado.
Pontevedra CF. Edu, Adrián, Feito, Pablo, Yago, Candela, Lede (David Pérez 15´), Moreira, Pablo Carnero (Richi 84´), Tubo (David García 72´), Luismi
CD As Pontes, Kiko, Rochela, Nano (Alex Cabarcos 78´), Pablo López, Aitor, Dani (Fidi 58´), Iván González (Chicho 58´), Bossa, Arias, Amado, Pablo Domínguez.
Goles: 1-0, David Feito, de penalti (19´), 2-0, Luismi (37´).
Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado por Diego Sánchez e Edgar Soto. Amonestou a Edu, Tubo, David Pérez, Nano, Pablo López e Arias.
Campo e incidencias. Novo Campo de Pasarón. Máis dun milleiro de espectadores en tarde chuviosa e encapotada.
pontevedra
pontevedra
pontevedra
pontevedra
pontevedra
Nova cortesía de Xose Ferreiro.
Fotos cortesía de Pontevedraviva.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios