RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

135

C.D. AS PONTES B – MANDIÁ C.F. (4-2) Xogando cun menos, trala expulsión de Totti, o As Pontes B deulle a volta ó marcador e ó final acabou goleando ó Mandiá por 4-2 nun partido que se lle puxo costa arriba cando os visitante se puxeron por diante no marcador. Comezaron ben os ponteses co temperán gol de Borja no minuto un de partido e dispoñer de tres claras ocasións para sentenciar o encontro, pero tanto Vicente, en dúas ocasións, coma Villa erraron nos seus disparos. Logo serían Nando, de cabeza, e Javi os que estiveron a piques de marcar. A partir de aí o dominio pasou ós ferroláns que empatan o partido á media hora de xogo por mediación de Berto, resultado co que se chegou ó descanso.
Ós doce minutos do segundo tempo Cuñi lanza unha falta que entra polo escuadro da porta de Cris, que fixo un bo partido. No minuto 26 Javi logra o empate o bater por baixo a Rubén. Xogando cun home menos, os ponteses crearon perigo na porta visitante e así nos minutos finais, cando se contaba co empate a dous goles, chegaron os dous tantos de Adrián, que acaba de substituír a Criado, sentenciando o partido e coa lóxica alegría dos afeccionados que acudiron ó anexo do Poboado.
Polo As Pontes B xogaron: Cris, Darío (Samuel, 65), Nando, Totti, Palas, Carlos (Juan, 72), Javi (Rubén, 86), Borja, Vicente, Villa e Criado (Adrián, 79). Por parte do Mandiá: Rubén, Sergi, John (Jesús, 89), Verdes (Moi, 70), Iván, Cuñi, Tone, Benchi, Berto, Unai e Canosa (Kakito, 68). Dirixiu o partido o colexiado ferrolán Miguel Piñón López, que expulsou ó pontés Totti no minuto 80 por dobre amarela. Tamén amoestou ó local Juan e ós visitantes Berto e Moi.
Tras tres xornadas disputadas, lideran a clasificación Cedeira e Galicia de Caranza con 9 puntos, seguidos do Numancia de Ares, A Capela e As Pontes, con 7 puntos. Complicada visita a semana que vén, precisamente ante o líder Cedeira.
aspontesb


aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
aspontesb
O equipo xuvenil sacou un empate a 0-0 na súa visita a Betanzos, co cal betanceiros e ponteses suman 3 puntos, igual que Ural; Fátima ten dous e Imperátor un punto. Nin máis nin menos que o líder, que conta os seus encontros por vitorias, Calasanz, visita o Poboado a vindeira semana.
O equipo feminino empatou a 2-2 co Rápido de Neda. Adiantáronse as visitantes, pero dous goles de Paula e a debutante Uxía poñían ás azuis por diante antes de chegar ó descanso. Nada máis comezar o segundo tempo volvían a empatar as de Neda tras un forte disparo da súa número 20, que petou no pau e acabou entrando, e incluso máis tarde sacaron un córner ó longueiro. Puido adiantarse o As Pontes outra vez, Noelia con toda a portería baleira disparou o balón ó único sitio onde estaba a porteira do Neda que salvou con apuros. Inmediatamente un cabezazo de Patri Dopico sácao unha defensa baixo paus.
O último treito final do encontro foi un correcalles, pero incluso puido marcar o As Pontes por medio de Paula, con un centro chut que desviou a porteira á cruceta ou un forte disparo de Nicole Béjar. Ó final, reparto de puntos e deixou moi boas maneiras a debutante Andrea. Xogaron polo cadro de Pita, Leti, Carlota, Sara, Andrea Pita, Andrea Montero, Nuria, Paula, Patri Dopico, Nicole, Uxía, Noelia Ameneiro e Lau. Marchan décimas con catro puntos e a semana que vén visitan ó Cedeira B que ten tres.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
O As Pontes cadete goleou 7-0 ó Val e logrou a súa primeira vitoria no torneo de Copa o que os sitúa con 4 puntos. Descólganse Ánimas e Meirás con 12 puntos. A vindeira semana visitan ó Narón Balompé.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Gran triunfo (2-5) do equipo infantil ante un rival directo, o Racing San Pedro, resultado que os mantén con vida no seu intento de optar ó primeiro e único posto que da opción de xogar a final, clasificación na que Racing de Ferrol B e O Val marchan con pleno de vitorias. Marcaron Alberte, por partida dobre, Sergio Cazás, Sergio Otero e Dani Dasilva. Un equipo da zona media coma o Cedeira visita o Poboado a semana que vén.
Nun gran partido, o Alevín A venceu 3-2 (Joan -2- e Nono) ó Portuarios, visitan o Caranza B a semana que ven, mentres o Alevín B perdeu 6-1 co Cultural de Maniños e reciben ó Barallobre o vindeiro sábado.
O Benxamín A perdeu 4-1 co Libunca, e reciben o sábado ó líder, Racing San Pedro B. O Benxamín B venceu 9-0 (Álex Montero -3- Diego -2- Iago, Anxo, Ángel e Isma) ó Cedeira B. Na vindeira xornada visita ó San Sadurniño.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Boa vitoria do conxunto Prebenxamín A, 3-4 ó Val. reciben ó Animas. O Prebenxamín B perdeu na casa (0-12) co Perlío. Na vindeira xornada visita ó Cedeira B.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios