Turismo: O Concello das Pontes de García Rodríguez ven de presentar a súa candidatura ao Premio Conama 2013

139

[RTVEume] Concello das Pontes de García Rodríguez ven de presentar a súa candidatura ao Premio Conama 2013, un galardón que busca distinguir as mellores iniciativas locais a favor da sostibilidade. A través do proxecto de creación do lago artificial máis grande de España, a área de turismo municipal pretende facer coñecedor ao gran público do atractivo turístico desta gran obra, sostible e respectuosa co medio. O gañador decidirase a partir de nove votos. Oito dependerán dos membros do xurado, formado por expertos do ámbito da sostibilidade, e un do voto popular, que se rexistra a través da páxina www.premioconama.org, onde calquera usuario poderá emitir o seu voto ata o día 21 de outubro en apoio da candidatura pontesa. A candidatura do Concello das Pontes presentouse na temática de “Auga e calidade ambiental”, e na modalidade de municipios entre 5.000 e 30.000 habitantes. O galardón, que será entregado durante a celebración do Foro sobre Desenvolvemento Territorial Sostible, que se celebrará en Granada os días 11 e 12 de novembro, busca dar visibilidade e notoriedade a aqueles proxectos de ámbito local que podan servir de exemplo a outras localidades. De feito, é un galardón sen dotación económica, co que se quere recoñecer de forma pública o traballo dos municipios ou entidades locais que contribúan a avanzar na sostibilidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios