O PONTÉS MIGUEL ALVARIÑO GARCÍA, SUBCAMPIÓN DO MUNDO JUNIOR

77

Sensacionais noticias as que nos chegaban hoxe dende a localidade chinesa de Wuxi onde o deportista local Miguel Alvariño e a vasca Mirene Etxeberría conseguiron a medalla de prata na modalidade de recurvo por equipos mixto.
Ó longo desta semana levaronse a cabo os Mundiais Cadete e Junior de Tiro con Arco e Miguel participou tanto na proba individual como por equipos mixtos. Non o puido facer por equipos masculinos pois necesitabanse tres representantes e España so puido enviar a dous.
Nas calificatorias individuais, despois de 144 tiradas, Alvariño concluiu nun gran 21º posto dos 85 tiradores. O seu compañeiro Javier González foi 29ª. Alvariño logrou 1284 puntos. O primeiro clasificado foi o francés Prevost con 1324, seguido dos coreanos Kim (1322), e Suk (1322).
Xa nas roldas eliminatorias Miguel pasou exento a primeira polo seu ranking e na seguinte non tivo sorte ante o alemán Lukas Maier, 44º na previa, que o derrotou por un axustado 6 a 5, tendo que lanzar a frecha de ouro (9-7 para o alemán). Pleno europeo no podio, o belga Robin Ramaekers ouro, o polaco Kacper Sierakowski prata, o ucraniano Vitaliy Komonyuk bronce e cuarta praza para o ruso Galsan Bazarzhapov.
arco1.jpg
Mellor lle foron as cousas na competición por equipos mixto, na que Miguel formaba parella con Mirene Etxeberría, prata individual e por equipos nos recentes Xogos do Mediterráneo.
Calificando coa undécima mellor puntuación dos dezaseis equipos finalistas enfrontaron en oitavos de final a Turquía, gañando por 139-135. Curiosamente “vingou” Miguel a Gema Buitrón pois a turca Elif Begunhal Unsal eliminara a Gema no Europeo de 2010, acadando finalmente a medalla de bronce. En cuartos de final venceron ó poderoso equipo local chinés (144-143) e xa en semifinais ó non menos poderoso de Rusia (143-141), perdendo na final ante o invencible equipo coreano por 150-137, o equipo coreano so “sufrirá” en cuartos ante México (147-145). A medalla de bronce foi para Rusia que venceu 149-139 a Estados Unidos.
arco2.jpg


Sensacional resultado do rapaz de 19 anos Migel Alvariño, e como xa dixemos a colación do título europeo de Gabriel Tembrás, Alvariño, que xa obtivera hai uns meses unha medalla de bronce internacional coa selección española suma o seu subcampionato do Mundo Junior por equipos mixto á longa lista de medallistas internacionais ponteses.
Campións do mundo foron o Roberto Rivera Rego como adestrador da selección española sub21 de Kayak Polo en 2004, Artemio Formoso en Tiro “Handisport”, e Jose Rodríguez “Cope” en Karate na modalidade de formas, pola USKA, e subcampión en combate.
Campións de Europa foron David Rochela, de fútbol sub17, ademáis de subcampión do mundo na mesma categoría, Borja Prieto, sub23 de Piragüismo e posteriormente medalla de bronce en relevos na categoría absoluta, Mario Calzas gañou a Copa de Europa Alevín de Patinaxe. Recentemente Antonio Polo foi Campión de Europa de Piragüismo de Maratón, e anteriormente fora prata na Copa de Europa 2006, e Gabriel Tembrás quedou campión de Europa Junior de Taekwondo con tan so 11 anos.
Dobre subcampión mundial junior de Piraguismo foi Daniel Feijoo, subcampiona de Europa junior en Croacia e medalla de bronce no Mundial Junior de Barcelona foi a taekwondista Lucía Legaspi, a gran Gema Buitrón foi subcampiona de Europa tanto junior como absoluta, ademáis de conseguir o bronce na Universiada e nos Mundiais Universitarios.
Tamén foron medallistas de bronce en Copas de Europa de Patinaxe, Olalla Barcia e Vanessa Carballeira, e Susana Castro foi dobre medallista de bronce coa selección española de atletismo.
Sin ser un Europeo ou Mundial, o Descenso do Sella é a proba máis importante do Mundo do Piragüismo, dúas veces vencedora foi Obdulia García, en K2 feminino con Susana Bellas e en K2 mixto co seu marido Javier Mieres. O 10 de Agosto de 1996 gañou o malogrado Jose Ramón Corral en K1, aínda a día de hoxe sendo o único piragüista galego capaz de vencer en esa modalidade.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
Fotos FITA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios