SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: ZAMORA ARCEBANSA – O ESTEO AS PONTES F.S. (4-3)

75

O conxunto das Pontes non mereceu perder en terras zamoranas.
Con cara de parvos foi a sensación coa que se quedaron os compoñentes do Esteo logo de caer derrotados por 4-3 diante do Zamora, nun partido que encarrilaban ben ó poñerse cun esperanzador marcador de 0-2 cando ían transcorridos 22 minutos de xogo, que de novo remontaron o empate logrado polos locais cun terceiro tanto, pero que a falta de sete segundos para o remate do partido un gol dos zamoranos deu ó traste coas ilusións dos ponteses, o mesmo que lles sucedera dúas semanas antes no Barco de Valdeorras.
Dende o primeiro minuto o choque estivo moi igualado, aínda que ningún dos dous equipos sabía como aproveitar as oportunidades nos primeiros compases. Os ponteses sabían que se enfrontaban a un dos equipos difícil de bater na súa pista. A pesar diso, puxéronse por diante no marcador cun gol de Rober Paz. Tanto que daba ás ós xogadores ponteses para a segunda parte, xa que o primeiro tempo rematou con vitoria pola mínima do Esteo.
E así foi, pois ós dous minutos do segundo tempo chega o segundo gol do Esteo por mediación de Rubi. Sen embargo, a partir de aí comezou o calvario do Esteo. Primeiro, a lesión de Gerardo, que deixaba ó equipo moi minguado nas rotacións. Logo, o cuestionado labor arbitral, sancionando faltas ós ponteses a destro e sinistro, chegando ás cinco faltas ós 24 minutos de partido. Por riba, chega o primeiro gol local nun erro defensivo pontés. Posteriormente, no minuto 26, pítase un dubidoso penalti contra o Esteo que, por fortuna, erra Javi Cala. Pero, pouco despois dende o punto de dobre penalti o Zamora empata o encontro por obra de Velasco.
Pese a todo, os xogadores ponteses non se viñeron abaixo e lograban poñerse por diante outra vez cun gol de Diego Pellón. É cando os zamoranos vense obrigados a sacar porteiro-xogador, o que forneceu efecto, xa que empatan de novo no minuto 38 cun novo gol de Velasco. O Zamora seguía atacando e o Esteo defendíase ben enviando balóns longos a porta baleira que se foron fóra por pouco. Pero, quen tanto perdoa ó final acaba pagando. E así foi, pois a falta dos fatídicos sete segundos o conxunto zamorano logra o tanto da vitoria deixando ó Esteo sen tempo para reaccionar.
Foi unha mágoa, igual que sucedera no Barco de Valdeorras. Pero, así é o deporte. Na vindeira xornada o Esteo correspóndelle descansar para voltar a xogar no pavillón da Fraga diante do Espinar Arlequín, de El Espinar (Segovia), que nesta xornada perdeu en Narón por 3-1.
esteo


FICHA DO PARTIDO
ARCEBANSA ZAMORA: Mañanes, Sergio Simón, Velasco, Pintado, Oli –cinco inicial- Ruben Cala, Javi Cala, Jorge, Noel e Ángel.
O ESTEO FS: Choto, Fran, Héctor, Rubi, Rober –cinco inicial- Gerardo, Pelu, Gerveno e Diego.
ÁRBITROS: Alberto Macías Mesías e Antonio Navarro Villanueva (Salamanca) e Sofía Álvarez Rodríguez (Zamora). Amoestaron a Velasco, do Zamora, e a Rubi –dúas amarelas- e Chotto, do Esteo.
GOLES: Min. 15 (0-1), Rober Paz. Min. 21 (0-2), Rubi. Min. 25 (1-2), Rubén Cala. Min. 26 (2-2), Velasco (dobre penalti). Min. 29 (2-3), Diego. Min. 37 (3-3), Velasco. Min. 40 (4-3), Ángel Sánchez.
INCIDENCIAS: Partido da cuarta xornada de liga de Segunda División B disputado na noite do pasado venres no pavillón municipal Ángel Nieto, de Zamora, que rexistrou unha asistencia duns 600 afeccionados.
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de AF
Fotos ZFS e JC

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios