CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 25/26/27 – Outubro – 2013

145

cdaspontes
3ª DIVISIÓN: SD Club Ordes – CD As Pontes (1-1)
Dous puntos se lle escaparon ó As Pontes na súa visita a Ordes, contra un rival que xogou sesenta minutos cun xogador menos e que empatou faltando 5 minutos. Na primeira metade expulsión de Mariño e disparo ó longueiro de Aitor Díaz. Faltando 20 minutos marcou Amado tras aproveitarse dun rexeite da barreira a tiro de falta de Bossa, pero a pouco do final David Rey cabeceou o empate definitivo que deixa ó As Pontes oitavo con 16 puntos. Boiro con 22 puntos, e Cerceda e Ordes con 20 comandan a táboa. Precisamente o líder e recén ascendido, Boiro, que esta tempada conduce un Red Bull, visita o xoves o Poboado (19,30) e logo hai que render visita ó Somozas o domingo 3. Dous partidos moi complicados, nos que haberá que tentar sumar.


Xogaron Kiko, Rochela, Nano, Chote (Fidi, 60), Aitor, Esmorís (Santi, 60), Iván González (Dani, 75), Bossa, Arias, Amado e Pablo Domínguez.
amado
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes – Numancia de Ares (3-0)
Gran vitoria do segundo equipo ante o Numancia de Ares por 3-0. Adiantouse o equipo local mediado o primeiro tempo gracias a un penalti transformado por Adrián Vilasuso. Fixo unha boa parada Iván tras o regreso do descanso, e unha rigorosa expulsión do dianteiro visitante Javi tras protestar ó colexiado no 60, suavizou o camiño para os azuis, que sentenciaron por medio do bo dianteiro de Cerdido, Javi Álvarez, que anotou no 72 tras un tiro que desviou un defensa, e logrou un gran tanto de vaselina no 77 que se colou por riba e ante o que o porteiro ex da selección de Ferrol sub17, Carlos Arnoso, non puido facer nada. Anteriormente disparara ó longueiro no 66.
Tres importantes puntos nun partido algo bronco no que o adestrador visitante acabou expulsado por Bejarano Estepa. Xogou o As Pontes con Iván (Ángel 90), Nando, Rubén, Totti (Darío 81), Carlos, Juan (Adrián 68), Javi (Marcos Novo 83), Borja, Vicente, Vila e Samuel (Criado 75´). Polos visitantes: Carlos (Cristian 81), Álvaro (Jesús 73), Costa (Pita 53), Rubén, Dudi, Teti, Manu, Julio, Javi, Paulo (Jaime 68) e Fernando (Amenedo 70). Trala vitoria do A Capela ante o Galicia de Caranza (0-2), lideran os capeláns (13), seguidos dos de Caranza (12), As Pontes (11). Cedeira e Numancia teñen 10 puntos. Na vindeira xornada visita ó antepenúltimo, Cebarca, da Barqueira.
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: SD O Val – CD As Pontes (1-2)
Sensacional e balsámica vitoria do xuvenil que venceu a domicilio no derbi ante O Val por 1-2, co que se sitúa quinto pola cola con 6 puntos, empatado co Vilalbés, por detrás están Lugo B e Imperátor con 4, Betanzos con 3 e Atlético Fátima con 2, coa sorte de que a día de hoxe so habería dous descensos. Adiantáronse os locais na primeira metade e incluso estrelaron un balón no poste, pero, Marcos faltando dez minutos e Tiny na prolongación deron a primeira vitoria da temporada ós de Felipe Mieres. Precisamente, outro derbi, para o sábado no Poboado, As Pontes-Vilalbés. Os dous equipos necesitan a vitoria.
LIGA FEMININA F8: CD Cedeira – CD As Pontes (0-3)
Gaña o As Pontes Feminino e escala ata a sétima praza con 10 puntos. No encontro do sábado, na primeira metade adiantouse o As Pontes cun gol en propia meta tras xogada de Paula e a propia xogadora pontesa meteu o 2-0. Uxía tirou un balón ó longueiro. Mediado o segundo tempo acortaron as de Cariño, a dianteira queda soa e marca de tiro cruzado; incluso despois salvou unha Leti. Tres faltas perigosas botadas por Lía antecederon ó definitivo 3-1, preto do final, que volveu a marcar Paula. Complicada visita a semana que vén, contra a Cultural Maniños, que marcha quinto. Xogaron Leti, Sara, Andrea Pita, Nuria, Paula, Uxía, Nicole, Ángela, Lía, Patri Dopico, Yara, Alba e Carlota.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
COPA INFANTIL: CCRD Perlío – CD As Pontes (2-4)
Importante vitoria do equipo infantil en Fene diante do Perlío (2-4), dobrete de Sergio Otero e Dani. Ferrol B cun partido máis, ten 24 puntos, Portuarios, O Val e As Pontes suman 18 puntos e San Pedro 15. Interesante partido o sábado no Poboado, As Pontes-O Val, o que gañe seguirá con opción de clasificar á final.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – R. Ferrol B (3-2)
Cedeira B – CD As Pontes (9-1)
O Alevín A gañou 3-2 ó R. Ferrol B, goles de Xavi, Javi e Joan, situándose segundo con 16 puntos. Volve a xogar en casa ante o San Pedro, cuarto. O Alevín B perdeu 9-1 ante o Cedeira B, tanto da honra de Jandro. Visitan ó San Pedro B o vindeiro sábado.
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
Eume Dep. – CD As Pontes (2-5)
CD As Pontes B – Gª Mugardos B (2-3)
Vitoria do Benxamín A por 2-5 ante o Eume (Hugo, Iker, Mario Fraga, Lois e Samuel). Sextos con 9 puntos reciben ó R. Ferrol B, que ten seis, a semana que ven. O Benxamín B perdeu 2-3 co Mugardos B, dobrete de Diego, e quintos con 9 puntos visitarán ó R. Ferrol C, que ten seis.
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
benxaminb
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
Gª Caranza – CD As Pontes (2-5)
CD As Pontes B – SD R. Neda (7-2)
O Prebenxamín A venceu por 2-5 ó Galicia de Caranza (dous goles de Anxo e Israel e un de Antón). Segundo con 15 puntos visita ó Rapido de Neda, quinto, que precisamente venceu por 0-6 ó prebenxamín B que recibirá ó líder, que suma todos os puntos posibles R. Ferrol, o sábado que vén.
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
AMIGABLE DE CATEGORÍA BIBERÓN
SD R. Neda – CD As Pontes (4-0)
Noutro encontro amigable de biberóns organizado pola AFACO o As Pontes caeu ante o Rápido de Neda. O cadro nedense gañou os catro cuartos, de aí o 4-0.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios