TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CD BOIRO 0: VICTORIA DOS AZUIS CONTRA O LÍDER.

40

Sensacional triunfo do equipo azul na tarde noite de onte ante o primeiro clasificado nun encontro no que o conxunto visitante puso o xogo e o local os goles.
Dende a tempada do ascenso, 2009-10, non se veían as caras ambos equipos, e tralo ascenso do ano pasado os de Boiro afrontan a súa novena tempada na categoría.
Rápidamente se adiantaban os azuis e con merecemento, no primeiro minuto, Arias cede a Bossa que chega en posición franca pero envía o balón ó poste, a xogada segue, e Iván González marca casi dende córner nun desbaraxuste visitante deixando a portería sen cubrir e o balón entra manseniñamente.
Semellaba a final da Champions do ano 2001, en que o Valencia se adiantou nada máis comezar o encontro e a raíz de ahí controlou o Bayern. Así, o primeiro tempo foi de dominio do líder, que amosou ser un equipazo tanto técnica como físicamente, e pilotar un Red Bull, e o As Pontes defendeuse como gato panza arriba, e tan so o bo tino local e un chisco de sorte fixeron que os de Gelucho non marcaran ningún gol. Moi ben a parella de centrais onte, os Fernández Ramil.
boiro


Por momentos foi un asedio, un despexe hacia atrás co calcaño de Domínguez, aproveitao Pedro García, o ex olívico e irmán de Claudia, a gran dianteira do Olivo, para empalar, pero Chote saca co corpo (20´). Iván, que foi un incordio os 90 minutos, vaise por banda esquerda, chega so, pero salva Kiko lanzándose a polo balón (21´). Sacudindo a presión como podía, casi chega Arias a un pase de Iván González que o deixaba so ante Mackay (31´), e unha falta botada por Iván que saca cos puños Kiko (39´) e un disparo lonxano de Marcos (45´) deron paso ó descanso.
Xa no segundo tempo, no 48´ unha moi clara para o Boiro, Chote chega moi forzado para despexar, desvía hacia portería, salva Kiko e o posterior remate de Iván sae a rentes do pau. Proba Iván González a Mackay dende moi lonxe e fai traballar do lindo ó ex porteiro de Segunda División (49´).
Puxose o As Pontes co 2-0, Alex rouba un balón a un defensa, cede a Arias, que se queda so, para Mackay en primeira instancia, pero Sergio en carreira favorecese do rebote do balón no seu corpo e marca a porta baleira (52´).
Gol anulado a Dani no 55´. Queimou todas as naves Gelucho sacando ó mítico Padín e ó ex dianteiro pontés Hugo Soto. A raíz do gol, o partido abriuse e houbo ocasións para ambos bandos, volve a probar Iván G, esta vez dende o medio do campo, e non andivo moi lonxe (59´), o outro Iván, que foi un quebradeiro para Hugo por banda esquerda remata polo lateral da rede (61´).
Disparo cruzado de Amado a rentes do pau (70´), o dianteiro Santi en carreira, prantase so ante Mackay a dous metros da porta, e este salva coa perna a bocaxarro (74´), recordando a de Pagliuca a Salinas en EEUU 94´. Entremedias falta lateral botada polos visitantes, cabezada hacia atrás e salva Kiko in extremis (72´).
Noutro contragolpe visitante saída salvadora de Kiko (81´) e antes de rematar o partido outra vez Santi, dispara de tiro cruzado e ten que meter as luvas ó ex porteiro de Ponferradina e Sabadell para despexar a córner e que o balón non acabe dentro (88´).
En definitiva sensacionais tres puntos dun As Pontes que xogou con moitas baixas importantes, sobre todo na defensa, como Aitor, Pablo, Rochela, e tamén Chicho, e escala momentáneamente á sexta praza con 19 puntos; so a tres do líder Boiro e un por detrás de Arousa e Pontevedra, e tamén Cerceda e Ordes que teñen un partido pendente; antes de visitar ó Somozas no derbi do domingo onde haberá que tentar seguir coa boa racha.
CD As Pontes. Kiko, Hugo, Nano, Chote, Dani, Esmorís, Iván (Fidi 79´), Bossa, Arias (Amado 63´), Alex Cabarcos (Santi 70´), Pablo Domínguez.
CD Boiro. Mackay, Marcos, Paco, Cardeñosa, Rendo (Padín 56´), Pedro (Javi 67´), Rubén, Jacinto, Iván, Adrián (Hugo Soto 56´), Julián.
Goles: 1-0, Iván González (1´). 2-0, Sergio Arias (53´).
Árbitro: Rubén Comesaña (Vigo). Auxiliado nas bandas por Mosquera Goce e Capón Álvarez. Amonestou a Esmorís, Iván, Cabarcos, Marcos, Cardeñosa e Pedro.
Campo e incidencias. Uns 250 espectadores no Campo de O Poboado en tarde noite chuviosa por momentos. Varias decenas de seguidores visitantes que non deixaron de animar durante os 90 minutos pese ó resultado en contra.
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
boiro
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios