TERCEIRA DIVISIÓN: U.D. SOMOZAS – C.D. AS PONTES (1-1)

49

Bo empate do As Pontes en Somozas, co cal salda o equipo de Manolo García con cinco puntos esta difícil semana ante tres dos mellores equipos da categoría, Ordes, Boiro e Somozas.
No encontro de hoxe puideron poñerse por diante os azuis cando Sergio Arias queda so, pero no seu intento de regatear ó porteiro, Cristian adivíñalle a intención e quedase co balón (10´). Pola contra tropeza Chote con tan mala fortuna que queda Antas so e chega antes que Marcos ó que bate na súa saída situando o 1-0 no marcador. De aí ó descanso tiro de Arias preto do poste (24´), falta lanzada por Bossa lambendo o escuadro (38´), anticipación de Marcos a Antas que quedaba só outra vez (41´) e unha de Amado que se desmarca pero bótaselle enriba o defensa cando vai rematar (44´).
No segundo tempo o As Pontes buscaba o gol con tímidos intentos e os locais buscaban o contragolpe. Nunha xogada do perigoso Heber por banda, centra, non chega Marcos, pero por sorte está atento Aitor para despexar antes de que marque Antas a pracer (65´). Foi nun balón parado lanzado, como non, por Bossa, que rematou Esmorís ó fondo das mallas, coa axuda dun defensor local, no que o As Pontes conseguiu a igualada que ó final sería definitiva (75´).
Hai un triunvirato claro na cabeza, Ordes (26), Boiro (25) e Cerceda (24), logo con 20 puntos están Arousa, Choco, As Pontes, Deportivo B e Pontevedra. Con 19 queda o Somozas, e a dez puntos o descenso.
Outro rival complicado a semana que vén, o Dorneda, que como a tempada pasada comeza con apuros pero logo vai remontando, así agora xa leva 14 puntos, 11 deles nas últimas cinco xornadas. Un equipo que, por certo, dende a súa presenza na categoría, suma un empate (0-0) e unha vitoria no Poboado (1-2).
cdaspontes


FICHA DO PARTIDO
U.D. Somozas: Cristian, Javi, Jose Manuel, Alex Bao, Iago, Berros (Luis Ángel 70´), Heber, Baleato, Edi (David Franch 81´), Antas e Rubén.
C.D. As Pontes: Marcos, Rochela (Cabarcos 61´), Nano, Chote, Aitor, Esmorís, Iván (Fidi 76´), Bossa, Sergio Arias (Dani 86´), Amado e Pablo Domínguez.
Goles: Minuto 18 (1-0), Antas. Minuto 75 (1-1), Esmorís.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez, auxiliado nas bandas por Rodríguez Dopico e Cinza Seoane, da delegación de Ferrol. Amoestou a Alex Bao, Iago, Berros, Edi, Antas, Rochela e Esmorís.
Campo e Incidencias: Municipal de Pardiñas, con 300 espectadores nas gradas. Presenza de numerosos afeccionados de As Pontes. Tarde fría e chuviosa por momentos.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios