Presentación de libro na biblioteca municipal

155

Este venres 15 de novembro Antonio Sandoval visitará As Pontes para presentar o seu libro “¿Para que sirven las aves?”. Será na biblioteca municipal ás 20:00 horas.
Un libro de divulgación no que viaxes, tramas de espionaxe e episodios da historia da ciencia percorren as súas páxinas da man do mundo das aves.
Antonio Sandoval Rey (A Coruña, 1967) é escritor e comunicador ambiental, ademais dun apaixoado ornitólogo.
É socio fundador e foi vicepresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e fundador da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), presidente do Grupo Naturalista Hábitat da Coruña e Coordinador do Grupo Ibérico de Aves Marinas (GIAM) da Sociedad Española de Ornitología – SEO/BirdLife.
Escribíu numerosos artigos sobre ornitoloxía para publicacións científicas e divulgativas, e é coeditor de “A Carriza”, revista científica da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Presentacion_PQSLA_web.jpg


Nova cortesía de Roberto

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios