TERCEIRA DIVISIÓN: CD CHOCO DE REDONDELA – 2 CD AS PONTES – 4: OS AZUIS ESCALAN Á CUARTA PRAZA

72

Trinta e nove anos despois visitaba o As Pontes ó Choco de Redondela, e fixoo pola porta grande, pese a comezar perdendo, para acabar gañando 2-4 a pesar de marcar 5 goles.
O conxunto de Redondela era un rival compricado, a pesar de conseguir o ascenso a Terceira 32 anos despois, marcha nos postos de arriba, e de feito os vermellos dominaron nos primeiros vinte minutos nos que o As Pontes apenas pasaba do medio do campo.
redondela


Dous xogadores quedaron sos, anque por sorte Domínguez sacou co corpo (4´), ou tamén unha volea de Caloi que marcha a rentes do pau (5´). No 12´ xogada moi extraña, centra Michel dende banda esquerda, con dous xogadores tirados no chan na área pequena, un por cada equipo, o dianteiro non acerta a darlle e o balón e este entra manseniñamente na porta de Kiko .
Moi mal se poñían as cousas pero no primeiro remate a porta dos azuis chega o empate, pase en profundidade hacia Arias que se descolga pola banda dereita e marca de tiro cruzado (19´).
Aí cambiaron as tornas, falta lanzada por Bossa que salva in extremis Cortegoso (22´), córner que cabecea, creemos que Chote por riba do longueiro (23´), ata que no 29´ nunha falta lateral moi ben botada por Bossa chega Nano completamente so e cabecea ó fondo as mallas.
Mellor non se lle podían poner as cousas ós azuis, que estaban sendo un vendaval, e así, desmarcase Iván González por banda dereita, recurta cara adentro ante a entrada do defensa por detrás, e bate por baixo o garadamallas local (36´).
Volve Bossa a poñer en apuros ó porteiro local tras falta que saca cos puños (39´). Avisa o Choco, Yeray quedaba so pero Kiko sae a tempo (40´).
No 43´ semellaba sentenciar o encontro o As Pontes tras golazo de falta de Bossa, casi sacando de centro o arbitro anulao a intancias do liña, non sabemos si por falta ou fora de xogo queso viu él. Instantes máis tarde a piques estivo de poñer o 2-3 o Choco, sería moi inxusto, Alber cun remate que empala a rentes do pau (44´). Asi se chegou ó descanso.
No segundo tempo é Arias o que lle gaña a partida ó defensa, e prantase ante Cortegoso, pero este saca co corpo e o balón sae a córner por pouco (49´). Zapatazo de Lojo dende fóra da area que vai ó longueiro (53´).
Pero non hai partido do As Pontes sen sufrimento, e asi recurtou distancias o Choco cando Yeray bate por baixo a Kiko (62´).
Vironse algo aliviados os azuis trala rigurosa expulsión de Xose por dobre amarela tras unha falta a Bossa (68´), anque non había que confiarse, pois o Ordes empataralles hai pouco un partido cun xogador menos.
Xogadón de Amado que regatea a un defensa dentro da área e case sen ángulo pica ante a saída do porteiro e o esférico marcha a rentes do pau (71´), anque tamén avisaron os locais cun cabezazo de Alber que chapa Kiko (73´).
Puido sentenciar Amado, gañandolle a partida ó defensa quere regatear a Cortegoso pero este adiviñalle a intención e agarra o balón (77´).
Bossa puido marcar de falta, pero entre o porteiro e o poste impedirono (80´), moi ben o de Viveiro nas catro faltas directas que botou, un golazo, e tres paradóns.
Non fallou Amado no 83´ cando tras marcharse en posición dubidosa marca de tiro cruzado imparable facendo a sentencia.
O As Pontes situase cuarto con 26 puntos, por detrás de Boiro (31), Cerceda e Ordes (30), alonxa ó Arousa, quinto, a 3 puntos, e ó descenso a 13 puntos.
A vindeira xornada, partido mou difícil no derbi ante o Vilalbés, que marcha undécimo con 18 puntos.
CD Choco. Cortegoso, Ángel, Saúl (Molinos 87´), Cristian, Michel, Lojo, Yeray, Xose, Caloi, Rober (Curri 59´), Alber (Javi Pazos 84´).
CD As Pontes. Kiko, Rochela, Nano, Chote, Dani, Fidi (Esmorís 88´), Iván (Alex Cabarcos 72´), Bossa, Arias (Chicho 58´), Amado, Domínguez.
Goles: 1-0, Michel (12´), 1-1, Arias (19´), 1-2, Nano (29´), 1-3, Iván González (36´). 2-3, Yeray (62´), 2-4, Amado (83´).
Campo e incidencias: Campo de Santa Mariña. Uns 250 espectadores en tarde fría pero moi soleada.
Árbitro: Alejandro Muñiz Ruiz (Pontevedra). Auxiliado por Fariña Biasi e Gondar Martínez. Amonestou a Saúl, Chicho e Dani. Expulsou con dobre cartón a Xose (68´).
redondela
redondela
redondela
redondela
redondela
redondela
redondela
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios