DIEGO MARTÍNEZ SECO NA VELADA DE KICK BOXING EN OURENSE

402

diego_martinez.jpgO deportista do equipo pontés de Kick Boxing Diego Martínez Seco competirá este vindeiro sábado 23 en Ourense, no Pavillón Municipal de Os Remedios, no evento K1 Kick Boxing Galicia. Participará en menos de 65 kilogramos, en Low Kick, e pelexará contra o difícil portugués Bruno Borges nun combate que constará de 4 asaltos de 2 minutos cada un.
A velada comezará ás 22 horas e constará de 10 combates. Diego pertence ó Team KickBoxing Franck e o seu rival ó Team Kickboxing Mirandela.
O evento contará con 16 competidores, ademas de Diego, catro portugueses, tres valencianos, dous cordobeses, un cántabro e cinco ourensáns do equipo de Cipri Gomes, locatario ex Campión do Mundo da especialidade.
De feito Ourense é un lugar idóneo para competir nesta modalidade deportiva, pois de alí, concretamente de San Cibrao das Viñas, é o famoso, e campechano, para os que temos o luxo de coñecelo, Simón González Salgado, 13 veces Campión do Mundo de Full Contact, 3 da ISKA e 10 da WAKO, e que entrevistamos xustamente hai un ano nesta web (http://www.amigus.org/web/archives/016139.php).
O seu mestre Carlos Conde tamén fora varias veces Campión de Europa.


Nova cortesía de Fran Béjar e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios