TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – RACING CLUB VILALBÉS (2-0)

108

Vitoria por 2-0 do As Pontes no derbi disputado esta tarde. Un triunfo que o asenta na cuarta praza a só tres puntos do líder, Boiro.
Aínda que avisou o As Pontes por medio de Amado (1´) e Bossa (3´) foi o Vilalbés o que puido adiantarse tras quedar Nico en posición perigosa e estar a piques de marcar de tiro cruzado (7´). Pero foi o As Pontes o que se adiantou, tras un saque de córner, que un xogador cabecea cara arriba, e Chote empala sen deixala caer facendo o 1-0 (9´). Primeira alegría da tempada para o central pontés, que xa marca poucos goles pola súa posición e por riba anúlanlle os poucos que marca.
Puido ampliar a vantaxe Nano pouco despois, cando tras un córner non atina a rematar un xogador local é o bravo xogador naronés case sen esperala remata co corpo e vai a rentes do pau (15´). Sen embargo, a ocasión máis clara desta primeira metade é dos visitantes, tras un centro de Nico que en posición inmellorable cabecea Jose Varela por alto (21´).
Antes do descanso, puxo terra de por medio o As Pontes, noutro córner, o balón cáelle a Nano no borde da área, remata mal, pero o balón vai a parar ós pes de David Amado, que en posición legal, só, marca á reviravolta. Sétimo gol da tempada para David.
cdaspontes


No segundo tempo os visitantes saíron a polo gol e o As Pontes a defenderse e tentar aproveitar o contragolpe. Dani complícalle a vida a Kiko cunha cesión, pero o de Viveiro está áxil e despexa o balón a tempo (54´). Nunha perigosa internada de Jose Varela, Chote pon o corpo nun remate que semellaba levar moito perigo para Kiko (66´).
Saíu Chicho con gañas e tras penetrar por banda dereita colocoulle un balón inmellorable a Iván González, pero cabeceou alto (74´).
Mala sorte tivo o As Pontes pois unha vez feitos os tres cambios lesionouse Bossa, que aguantou como puido no campo, pero tivo que retirarse definitivamente a falta de pouco para rematar o partido. Tras un centro dende banda esquerda toca lixeiramente Álvaro e o balón sae por pouco (83´). Xa co tempo vencido é Poratti quen remata dende fóra da área e atalla Kiko en dous tempos 93´).
Moi valiosos tres puntos do As Pontes, que se sitúa na cuarta praza con 29 puntos vendo como ningún dos seus tres rivais de arriba conseguiu gañar esta fin de semana. Así, lidera Boiro con 32 puntos, seguido de Cerceda con 31 e Ordes con 30. Pontevedra e Choco teñen 26, Somozas 25 e Arousa 24.
Sen embargo o As Pontes ten ó rival máis complicado esta vindeira fin de semana, o colista Grixoa, que gañou o seu primeiro partido na Terceira División en Laracha, e que de gañar ó As Pontes pódese situar a dous puntos da salvación.
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano (Fidi, 79), Chote, Dani, Esmorís (Pablo López, 61), Iván González, Bossa, Arias, Amado (Chicho, 68), e Domínguez.
RACING VILALBÉS: Jose Ángel, Pablo Vivero, Alex, López, Javi Varela, Hugo (Álvaro, 53), Make, Jose Varela, Nico (Poratti, 75), Justino, Óscar Martínez (Efrén, 61).
ÁRBITRO: Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña), asistido de Diego Sánchez e Aitor Prieto. Amoestou a Nano, Iván González, Alex, Javi Varela e Hugo.
GOLES: Minuto 9 (1-0), Chote. Minuto 41 (2-0), David Amado.
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Uns 300 espectadores en tarde fría e chuviosa por momentos. Presenza de moitos afeccionados de Vilalba. Gardouse un minuto de silencio na memoria de Rodolfo Yebra Rozas, quen nos anos sesenta do pasado século fora secretario e adestrador do Calvo Sotelo, antecesor do actual CD As Pontes e que faleceu o pasado luns na Coruña.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios