ARTPO e os Artesáns do Eume fan un obradoiro de preparación de xabón

227

O grupo de artistas ponteses integrados en ARTPO e maila asociación de artesáns do Eume volven embarcarse nunha nova actividade. Trátase dunha acción formativa prevista para o xoves 28 de Novembro e aberta a todas as persoas interesadas na fabricación de xabón. A idea é aprenderlles aos asistentes a facer nas súas casas, como se facía antigamente, o xabón duro que se empregaba para todo, para a limpeza da vaixela e da roupa, e con compoñentes menos agresivos que os dos deterxentes que se adquiren nos comercios.


A acción formativa incluirá tamén a preparación de xabón líquido para a lavadora e mailo lavalouzas. O obradoiro será gratuíto e desenvolverase o xoves 28 de Novembro, dende as once da mañá no local de ARTPO, na parte traseira do Conservatorio de Música.
Para obter máis información ou para clarexar calquera dúbida poden contactar coa organización a través do teléfono 639 786 297 ou por medio do enderezo electrónico artesansdoeume@gmail.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios