CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 23/24 – Novembro – 2013

92

xuvenil
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD Rosalía – CD As Pontes (1-1)
Seguen atragoándoselle ó As Pontes B os rivais de abaixo e esta xornada empatou a un gol na casa do Rosalía, que vai cuarto pola cola. En tres xornadas o As Pontes perdeu gran parte das súas opcións. Lidera a clasificación o Cedeira con 20 puntos, un impecable A Capela ten 19, igual ca o Rápido de Neda, terceiro; Ortigueira ten 17, e As Pontes e Numancia de Ares suman 15. Complicado rival a semana que vén no Campo do Poboado, o Rápido de Neda.


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Sporting Estrada (1-2)
Non remata de tomarlle o pulso á categoría o equipo xuvenil que cada xornada que pasa complícase máis a vida. Nesta ocasión visitaba As Pontes o Sporting Estrada, o terceiro clasificado, equipo que creou moitas ocasións a balón parado, así na primeira metade adiantáronse cun gol de córner olímpico e na segunda poñían terra de por medio tras unha falta moi ben colocada.
Un paradón de Ángel, moi do estilo de Casillas, mantivo con vida ó equipo azul, que se achegou con certo perigo por medio de Tini e Nahúm, aínda que foi nos últimos minutos, o gran Antonio, o máis baixiño, o que marcou de cabeza tras un córner, e subindo todo o equipo arriba, quedando incluso o propio Rivas de central, case marca Gonza o empate, pero outros tres puntos que voan do Poboado.
O peor de todo para os azuis é que ademais de distanciarse os rivais que van por riba, tamén lle medran os ananos e o equipo cae a postos de descenso trala sorprendente vitoria do Betanzos ante o Ordes (4-2), segunda en tres partidos para os da terra do repolo. A día de hoxe tres descensos. Betanzos, As Pontes e Imperátor teñen 9 puntos e pecha o Fátima con só dous. Desprazamento a terras coruñesas para xogar contra o Orillamar, undécimo con 13 puntos, sobra dicir que non queda outra que gañar.
Xogaron de saída, Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Moi, Iván, Diego, Brais B., Antonio, Rivas, Alex Fernández e no segundo tempo entraron Nahum, Tini, Alex Cabarcos, Jorge e o porteiro Manuel.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA F8: CD As Pontes – Racing Ferrol (0-5)
Derrota previsible do As Pontes Feminino ante o líder Racing de Ferrol que conta os seus 10 partidos por vitorias. Ó final do primeiro tempo chegouse con 0-3 no marcador, e máis relaxadas chegaron as verdes á segunda metade, así as azuis tiveron ocasións por medio de Paula (2), Silvia, Nicole e unha falta ó longueiro de Patri Dopico, pero nos últimos minutos redondearon as ferrolás a goleada, o 0-4 nun balón que controlou Andrea P. en lugar de despexar, e a rápida Paula rouboulle o balón e marcou de tiro cruzado. O 0-5 tras un saque de falta que non consegue atrapar Alba, que fixo dous paradóns nos últimos minutos. Sétimas con 16 puntos visitan a vindeira semana ó Galicia de Caranza, penúltimo. Xogaron Alba, Andrea Pita, Ángela, Uxía, Lía, Nicole, Paula, Patri, Andrea Montero, Silvia, Sara e Nuria.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
COPA CADETE: CD San Sadurniño – CD As Pontes (xoves 28)
O equipo cadete xogará este xoves en San Sadurniño. Meirás e Ánimas no seu grupo, e Cedeira e Numancia no outro, xogaranse as dúas prazas na final de copa.
COPA INFANTIL: Racing Ferrol EF – CD As Pontes (0-5)
Non fallou o As Pontes Infantil e gañou 0-5 ó EFR. Ferrol, aínda que o Racing de Ferrol B asustou e venceu 16-0 á Cultural Maniños, tamén se mete na pelexa o Portuarios, equipo que sufriu para vencer ó cuarto en discordia, O Val (2-3). Así, Racing de Ferrol B ten 33 puntos, As Pontes e Portuarios suman 30. Xa quedan descolgados os valexos con 24. Na derradeira xornada o Portuarios recibe a un Narón BP B, que non se xoga nada e o As Pontes recibe ó R. Ferrol B. Para clasificar á final necesitan gañar ós verdes, que suman os seus 11 encontros anteriores por vitorias.
Nos partidos entre eles o Racing Ferrol B gañou 3-1 ó Portuarios e o As Pontes perdeu 2-3 contra os arlequinados. Do outro grupo xa se coñece que o finalista será o Galicia de Caranza B.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (2ª Fase)
Gª Mugardos – CD As Pontes (2-2)
CD As Pontes B – CD San Sadurniño (5-1)
Comezaron ambos benxamíns a segunda fase da liga no mesmo Grupo B. O Benxamín A empatou a 2-2 (Hugo e Yadai) no campo do Mugardos e o Benxamín B venceu 5-1 (Álex Montero, 3 – Iago, 2) ó San Sadurniño no Poboado. Na vindeira xornada o A descansa e o B visitará ó Eume Deportivo B.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios