COPA XUNTA DE GALICIA DE TAE KWON-DO NAS PONTES

51

Organizado pola Federación Galega de Taekwondo e o Club Mook Duk Kwan, este sábado, 7 de decembro, celebrarase nas Pontes a Copa Xunta de Galicia na modalidade de técnica, competición a que accederon os primeiros clasificados das fases provincias disputadas hai uns días e nas que participaron máis de dous mil deportistas de tódalas idades e niveis de cinturón, dende os que se están iniciando ata verdadeiros mestres desta especialidade deportiva.
En total serán preto de 700 deportistas e 30 xuíces os que se darán cita no pavillón municipal da Fraga. Entre eles estará o deportista pontés Gabriel Tembrás, actual campión de España e de Europa, así como outros compoñentes da escola municipal de Tae Kwon-do de As Pontes, como Beatriz Felpeto, Aroa Calvo, Antón de la Fuente, Cristina Sierra e Alicia Cabarcos.
O campionato desenrolarase ó longo da mañá deste sábado no pavillón municipal de As Pontes, comezando a competición ás dez horas para rematar sobre as dúas do mediodía coa entrega de trofeos.
Copa_Pescanova_Xunta_Galicia_As_Pontes_07-12-13_web.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios