SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO FS – O ESTEO FS (3-4)

71

Importante vitoria do Esteo, a primeira a domicilio desta temporada, diante dun rival directo, o Ventorrillo coruñés. Un triunfo que lle permite saír dos postos de abaixo e situarse na sétima posición empatado a puntos co Zamora, que é sexto na clasificación. O partido estivo moi igualado cun Esteo que sabía o que se xogaba no encontro e que soubo aproveitar moi ben as súas ocasións a pesar de contar con poucas rotacións. Dentro da bo papel de todo o equipo, salientar a actuación de Pelu, quen, despois de cumprir un partido de sanción, foi o autor de tres dos catro goles do seu equipo. Agás o tanto inicial dos coruñeses, os ponteses foron sempre por diante no marcador, chegándose ó descanso con vantaxe do Esteo por 2-3. A segunda parte comezaba con ocasións para os dous equipos, pero tan só dúas subirían ó marcador, unha por cada equipo. Nos derradeiros catro minutos os coruñeses buscaron o empate co porteiro-xogador, pero a boa defensa do Esteo evitou que o marcador se movera, chegándose ó final con vitoria dos ponteses, un triunfo que lles permite afrontar con máis tranquilidade os vindeiros compromisos. Na próxima xornada, 14 de decembro, reciben no pavillón municipal da Fraga ó conxunto segoviano do Cuéllar Cojalba, que nesta xornada perdeu na súa pista ante o Zamora por 2-5 e ocupa a décima posición con once puntos.
O-Esteo-As-Pontes-FS- 2013-14.JPG


FICHA DO PARTIDO
VENTORRILLO FS: Buxi, Fon (A), Aitor, Matos, Deivy –cinco inicial- Juan Cruz (A), Piñe, Borja, Buxía e Edgar.
O ESTEO FS: Choto, Rober Paz, Héctor, Bolli, Fran –cinco inicial-Gerveno, Diego Pellón e Pelu.
GOLES: Min 2 (1-0), Deivy. Min 6 (1-1), Pelu. Min 10 (1-2), Pelu. Min 14 (2-2), Buxía. Min 18 (2-3), Pelu. Min 27 (3-3), Edgar. Min 29 (3-4), Fran.
INCIDENCIAS: Partido de Segunda División B disputado este sábado 7 no pavillón municipal de Ventorrillo, da Coruña.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios