CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 6/7/8 – Decembro – 2013

62

SEGUNDA AUTONÓMICA: San Mateo CF – CD As Pontes B (2-2)
O segundo equipo empatou 2-2 na súa visita ó San Mateo, goles de Javi e Borja, e mantén a cuarta praza con 19 puntos. Distáncianse Cedeira (23) e Rápido de Neda (22). Terceiro é o Ortigueira con 20 puntos. O Galicia de Mugardos B, que marcha décimo primeiro, pero a só cinco puntos, visita o Poboado na vindeira xornada. Xogaron polo As Pontes Krikry, Nando, Ismael, Totti, Carlos, Juancito, Vicente, Javi, Marcos Novo, Vilasuso e Rubén. Logo entraron Darío, Borja, Samuel e Adrián.
feminino


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Bergantiños CF (0-3)
Afúndese cada día máis o equipo xuvenil, que este sábado volveu a perder. Nesta xornada co Bergantiños e por un claro 0-3. A pesar de dispoñer de boas oportunidades no primeiro tempo e incluso fallar un penalti no inicio do segundo, os de Carballo acabaron impoñendo a súa superioridade e aséntanse na segunda praza, só por detrás do Calasanz. Caen á penúltima praza os azuis, con 9 puntos, só por riba do Atlético Fátima, que ten tres.
Cos tres momentáneos descensos, a tres puntos da salvación, teñen algunha esperanza. Na vindeira xornada visita ó Ordes, que vai décimo terceiro con 14 puntos. Necesitan imperiosamente a vitoria.
Xogaron polo As Pontes: Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Moi, Alex Cabarcos, Diego, Iván, Rey, Rivas e Brais Blanco. No segundo tempo saíron Alex Fernández, Tiny, Jorge, Brais Martínez e o porteiro Manuel.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA F8: CD As Pontes – CD San Sadurniño (5-1)
O equipo feminino venceu por 5-1 ó San Sadurniño, tantos de Paula (3), Lía de córner directo e un en propia meta. A destacar un tiro á cruceta de Andrea Montero preto do final do partido. O equipo de Pita segue na sexta praza con 22 puntos, por detrás de Racing de Ferrol (36), O Val B (33), Mandiá (28), Maniños (25) e San Sadurniño (24). A vindeira semana visitan ó colista Cedeira. Xogaron Leti, Ángela, Andrea Pita, Nuria, Yara, Carlota, Xeila, Lía, Uxía, Andrea Montero, Noelia, Sara e Paula.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: Gª CARANZA B – CD As Pontes (2-1)
O cadete iniciou a competición de liga cunha derrota ante o Galicia de Caranza B por 2-1, recibindo ó perigoso Ánimas na vindeira xornada, equipo que lidera a táboa tras gañar 7-1 ó Portuarios B.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – Meirás CF (0-1)
A eliminación de copa parece que afectou ó equipo Infantil, pois perdeu na casa por 0-1 na súa estrea na liga ante o Meirás. Por riba na segunda xornada vaise enfrontar a un Galicia Caranza B que vai a disputar a final de Copa, pero que vén de perder 7-1 diante do Val no seu inicio de liga.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SDR Portuarios (0-1)
O Alevín A comezou con derrota (0-1) ante o Portuarios, antes de visitar ó Val. Na vindeira xornada o As Pontes A xoga no Val e o B comeza a competición recibindo no Poboado ó Ánimas, de Ferrol.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Cedeira SD (5-6)
O Benxamín A tamén caeu no Poboado por 5-6 ante o Cedeira, mentres que o B descansou. O benxamín A visita ó Animas, terceiro, e o B recibe o Racing Ferrol D, que vai de segundo.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Narón BP (2-8)
Derrota do Prebenxamín A 2-8 ante o Narón BP, o que sitúa ó equipo visitante como primeiro líder. Os azuis visitan ó R. Ferrol, que comezou goleando 7-2 ó Val. O equipo B inicia a segunda fase da liga recibido no Poboado á Escola de Fútbol de Cabanas.
Nova cortesía de Xosé e Antón Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios