III San Silvestre Pontesa

91

O Concello de As Pontes e o Clube de Atletismo Olympo organizan o martes 31 de decembro a partir das 17:00 horas a III San Silvestre Pontesa, que estará incluida no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
INSCRIPCIÓNS CARREIRAS (adultos e nenos): http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20131231.html
INSCRIPCIÓNS ANDAINA:
http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20131231a.html
Teléfonos e emails de contacto: 627457226 (Mª Jesús Castro) – 639708086 (Miguel Vilaboy) – atletismoolympo@gmail.com
San-Silvestre-2013.jpg


A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO SAN SILVESTRE PONTESA 2013
Fecha: Sábado, 31-12-2013 // Hora: 17:00
Lugar: saída na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Santa María).
Distancia: dende 150 a 5000 metros aproximadamente según categorías.
Organiza: Concello de As Pontes (Concellería de Deportes) e o Clube de Atletismo Olympo.
*Inscripción: ata o 25 de Decembro.
Artigo 1. O Concello de As Pontes e o Clube de Atletismo Olympo organizan a
III San Silvestre Pontesa, que se desputará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta en As Pontes de García Rodríguez. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Trátase dunha proba festiva pra disfrazarnos e divertirnos, pra despedir o ano e dar a benvida ó 2014, polo que dende a organización agradecemos e premiamos que cada atleta saque o seu mellor disfrace pra participar na proba.
Artigo 2. Nesta proba poderán participar atletas federados ou non federados. A saída e a chegada farase na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Santa María), comezando polos máis pequechos da casa.
Artigo 3. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira no colexio Sta. María. (diante do Parque Municipal e da Praza do Mercado).
Artigo 4. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os da organización. Cortarase o tráfico rodado na súa totalidade en todo o percorrido polo que transitará a carreira.
A organización contará coa colaboración da Policía Local e Protección Civil.
* Servizo de duchas e aseos nas instalacións da Piscina Climatizada Municipal (peche da instalación ás 21:00 h., falta confirmación).
Artigo 5. INSCRIPCIÓNS PARA NENOS:
As inscripcións, consulta de clasificacións e tempos realizaranse na web http://atletismoolympo.wordpress.com/, excepto na modalidade de andaina, que non se tomará tempo algún, debido ó seu carácter lúdico.
Correo electrónico: atletismoolympo@gmail.com
Teléfono: 627457226 (Mª Jesús Castro) 639708086 (Miguel Vilaboy)
Nome e apelidos
Fecha de nacemento
DNI
Clube
Calquer dúbida con respecto ó proceso de inscripción poderá consultarse no email: atletismoolympo@gmail.com
Artigo 6. INSCRIPCIÓNS PARA ADULTOS:
(Correo da federación galega de atletismo)
Nome e apelidos
Fecha de nacemento
DNI
Clube
Indicar, si se apuntan en categoría de disfraces: individual, parellas ou grupo.
NA ANDAINA NON FARÁN FALLA DORSAIS CON CHIP, NON SE TOMARÁN TEMPOS.
Artigo 7. O atleta deberá cubrir o formulario de inscripción na páxina web da Federación Galega de Atletismo. Non se aceptarán inscripcións o mesmo día da carreira. Entrando no listado de inscritos poderá visualizar o estado da súa inscripción.
As inscripcións abriranse o luns 1 de decembro e pecharanse o Mércores
25 de decembro ás 23:59 h.
Artigo 8. Estableceránse as seguintes categorías de competición:
*Biberón- Prebenxamín: 150 m +- (nados no 2007 e menores)
*Benxamín-Alevín: (05-06) (03-04) 500 m +-
*Infantil-Cadete: 1000 m +- (01-02) (99-00)
*Absoluta: 5000 m +- (nados en 1996 e maiores)
*Andaina: 2500 m +- (todas as categorías)
Artigo 9. A organización establecerá os seguintes premios e obsequios:
∗ Premio ó mellor disfrace das categorías infantís: VALE REGALO EN DON DINO.
∗ Premio ó mellor disfrace da categoría absoluta individual: VALE REGALO EN OPTICALIA CALLAO.
∗ Premio ó mellor disfrace da categoría de parellas: VALE REGALO EN ZAPATERIA AZALEA.
∗ Premio ó mellor disfrace da categoría absoluta: VALE REGALO EN DEKOLOGAS.
∗ Diploma conmemorativo a tódolos participantes das carreiras infantís.
∗ Sorteo de productos de Nadal ó final da entrega de premios.
∗ Avituallamento FINAL para tódolos participantes.
SERVIZOS PRA O ATLETA
~ Servizo de gardarroupa pra atletas (carpa de META).
~ Marcaxe de cada kilómetro con sinalización.
~ Servizo de duchas (PISCINA MUNICIPAL CLIMATIZADA).
~ Chocolate quente pra todos os participantes ó finalizar a proba.
~ Servizo de ambulancia e seguro deportivo do atleta e de responsabilidade civil do evento.
Proba absoluta:
1º Clasificado/a: regalo
2º Clasificado/a: regalo
3º Clasificado/a: regalo
Probas infantís:
1º Clasificado/a: regalo
2º Clasificado/a: regalo
3º Clasificado/a: regalo
Artigo 10. A organización reservarase o dereito a solicitar o DNI ou documento acreditativo da identidade e/ou idade dun participante en caso de dúbida ou posterior reclamación que poida afectar á entrega de premios da categoría á que afecte. Neste caso retrasarase a entrega de premios ata que o deportista amose a súa idade.
Artigo 11.- Descalificacións: calquer atleta poderá ser descalificado por non levar dorsal ou non levalo colocado de forma visible e a todo o ancho na zona do peito; por mal estado físico do deportista ou por participar con chip ou dorsal doutro corredor; por participar cun dorsal non autorizado, entrar en meta sen dorsal ou non levalo colocado correctamente; por non atender as indicacións da organización e/ou xuíces e por conductas antideportivas.
Artigo 12.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. Todo o non previsto nel resolverase segundo o establecido nos regulamentos da RFEA e FGA para probas en ruta. As reclamacións poderán realizarse ó xuíz árbitro da competición con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
Ademáis do Concello de As Pontes e o clube de Atletismo Olympo, esta edición da San Silvestre conta co respaldo de patrocinadores como Dekologas, Don Dino, a coordinadora de ampas Abrente, Galiorient, Matojoma, Deportes Equipa, Zapatería Azalea, Lecar 712, RTV Eume e Gadis, responsables de colaborar con regalos e avituallamento da proba.
Recorrido 150 m:
150m.jpg
Recorrido 500 m:
500m.jpg
Recorrido 1000 m:
1km.jpg
Recorrido 2500 m (2 Vueltas):
2500m.jpg
Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios