SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – FS CUÉLLAR COJALBA (4-1)

78

Importante vitoria do Esteo, a terceira consecutiva, que o coloca na sexta praza da clasificación cando hai un par de xornadas estaba en postos de descenso. O conxunto pontés non tivo problemas para impoñerse con claridade ante un rival directo como o Cuéllar Cojalba, equipo que veu a As Pontes con algunhas baixas no seu plantel, incluso un xogador lesionouse no prequecemento, polo que os segovianos quedáronse cun só cambio e o porteiro suplente. Os ponteses encarrilaron o partido en catro minutos e mereceron irse ó descanso cun resultado máis amplo, pero só subiron ó marcador os dous tantos de Fran e un golazo de Pelu –que está en boa racha- logo dun gran pase do capitán do equipo pontés.
Na segunda parte o partido foi un calco da primeira metade, maior dominio do Esteo ante un Cuéllar que tratou de evitar unha goleada máis avultada. A falta de tres minutos para o final Fran marcou o cuarto tanto, o terceiro da súa conta particular, e restando quince segundos nun despiste da defensa pontesa, Frías anotou o tanto da honra dos segovianos nun partido de claro dominio local, que incluso mereceu un resultado máis amplo.
Na vindeira xornada, a derradeira da primeira volta, o Esteo visita ó Mosteiro de Bembrive, que nesta xornada venceu en Zamora por 0-1 e ocupa a quinta praza da clasificación con 19 puntos.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Fran, Héctor, Bolli, Fran –cinco inicial-Pelu, Pablo e Diego Pellón.
FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, Frías, Corrús, Lalo e Jesús –cinco inicial-Germán.
GOLES: Min 3 (1-0), Fran. Min. 6 (2-0), Pelu. Min 7 (3-0), Fran. Min 37 (4-0), Fran. Min 40 (4-1), Frías.
ÁRBITROS: Álvarez Rueda e López Souto, de Gijón. Na mesa Laura Vila, da Coruña. Sen amoestacións.
INCIDENCIAS: Partido da décimo segunda xornada de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns 150 espectadores nas gradas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios