CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 13/14/15 – Decembro – 2013

98

SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – Gª Mugardos B (2-1)
En segunda autonómica o As Pontes B venceu pola mínima ó Galicia de Mugardos B, nun partido que estivo moi igualado e que comezou con dous goles nos primeiros dez minutos. Adiantáronse os visitantes ós seis minutos de xogo por medio de Lestón e catro minutos despois empataba para os ponteses Javi tras un bonito pase de Borja. O tanto da vitoria pontesa chegou no minuto 87 por mediación de Borja.
Xogaron polo As Pontes B: Iván, Darío, Fernando, Totti, Carlos, Juan, Borja, Javi, Marcos Novo, Vicente e Dani. Logo entraron Samuel, Cris, Sergio, Vilasuso e Adrián.
Encabeza a clasificación deste grupo cuarto o Cedeira con 26 puntos, seguido de Rápido de Neda con 25, 23 ten o Ortigueira e 22 puntos A Capela e As Pontes. Antes do descanso do Nadal visita ó Galicia de Caranza.
autonomica


autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
LIGA GALEGA XUVENIL: Club Ordes – CD As Pontes (4-0)
Contundente goleada a que sufriu o xuvenil, que semella camiño de pasar da División de Honra á liga comarcal en tan só seis tempadas. Perdeu claramente contra un rival directo, que só estaba cinco puntos por riba dos azuis, o Ordes, que venceu con claridade por 4-0.
Por riba o Betanzos goleou 2-5 ó Atlético Fátima en Santiago, tras ir perdendo 2-0 no descanso, e xa se sitúa con 15 puntos. Marca o Val a criba da salvación con 13 puntos e agora mesmo descenderían Imperátor con 10, As Pontes con 9 e Atlético Fátima con tres. Quédalle ó As Pontes unha complicada última xornada antes do parón de Nadal, a xogar contra o perigoso Ural da Coruña.
LIGA FEMININA F-8: Cedeira SD – CD As Pontes (0-5)
Vitoria por goleada do As Pontes Feminino (0-5) ante o colista Cedeira. Racing de Ferrol 39 puntos, O Val B 34, Mandiá 31, Maniños 28, San Sadurniño 27 e As Pontes 25. Antes de 2014 reciben ó Ortigueira, undécimo con 13 puntos.
LIGA CADETE: CD As Pontes – SDR Ánimas (2-3)
Segunda derrota do As Pontes cadete na liga, nesta ocasión no campo do Poboado por 2-3 diante do Ánimas. Na vindeira xornada visita ó Perlío.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
LIGA INFANTIL: Gª Caranza B – CD As Pontes (1-3)
Boa vitoria do conxunto infantil (1-3) ante un Galicia de Caranza B que vai xogar a final de copa e que moito terá que pelexar se lle quere plantar cara ó Racing de Ferrol B na final. Na vindeira xornada o As Pontes recibe ó Numancia de Ares.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val – CD As Pontes (2-2)
CD As Pontes B – SDR Ánimas (0-2)
O Alevín A empatou a dous goles co Val e suma o seu primeiro punto antes de recibir ó potente Racing de Ferrol. O Alevín B comeza a liga con derrota (0-2) ante o Ánimas. Próxima visita ó R. Ferrol D.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SDR Ánimas – CD As Pontes (3-1)
CD As Pontes B – R. Ferrol D (2-8)
O Benxamín A perdeu por 3-1 co Ánimas. Décimo, cun punto, recibe ó Val na próxima xornada. No mesmo grupo o Benxamín B perdeu por 2-8 co líder R. Ferrol D. É sétimo con 4 puntos e visita na próxima xornada ó segundo clasificado, Numancia de Ares.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
R. Ferrol – CD As Pontes (6-2)
CD As Pontes B – EF Cabanas (2-7)
O prebenxamín A perdeu (6-2) co Racing de Ferrol. É segundo na clasificación e o sábado recibe ó líder, Galicia de Caranza B. O prebenxamín B perdeu (2-7) ante o Escola de Fútbol de Cabanas antes de visitar na vindeira xornada ó líder Racing San Pedro B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios