RAQUEL XOGARÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN A CORUÑA

57

A xogadora pontesa Raquel Bejar Castro ven de ser convocada pra a Primeira Fase do Campionato de España Cadete Feminino Sub16, que se levará a cabo en A Coruña esta fin de semana. Non tivo moita sorte a selección pois a pesar de xogar en casa, no sorteo tocoulle un dos “cocos”, a Comunidade de Madrid, coa que xogará o sábado. Algo más relaxado, que non doado, será o encontro do domingo contra A Rioxa. Completa o grupo a perigosa selección das Illas Baleares, pero non se enfrontará con Galicia.
Neste Campionato hai grupos de 3 seleccións e outros de 4. Pra que todas as seleccións estén en igualdade de condicións nos grupos de 4 suprímese a última xornada pra que todos disputen 2 partidos nesta primeira fase e outros 2 na segunda. As catro seleccións que máis puntos sumen nestes catro encontros serán as semifinalistas.
raquel_0001.jpg


Ademáis a selección de Madrid suponse contará con varias das xogadoras que hai apenas uns días desgraciadamente quedaron subcampionas de Europa sub17, dicimos iso pois a selección española vencera á gran potencia Alemaña no grupo, 4-0, se ben as xermanas xa estaban clasificadas e sacaron ás reservas, e na final despois de ir gañando 1-0 e dominando, nos ultimos minutos vironse sorprendidas polo arreón do martillo pilón teutón que empatou a falta de 5 minutos. As españolas comezaron gañando nos penaltis pero fallaron os tres seguintes.
Annus horribilis pra a selección, pois nun 2013 onde a Uefa organizou 2 Europeos Femininos sub17, un natural, e o outro clasificatorio pra o Mundial Sub17 Costa Rica 2014, no anterior de Xuño España e Suecia cruzaronse na penúltima rolda nunha final anticipada, e nun partido con 21 remates a porta de España por 3 das suecas, acabou 2-2, e nos penaltis España sempre foi con ventaxa pero errou os 2 últimos, finalmente conseguindo o bronce tras bater 4-0 a Belxica.
Sen embargo, de ser chamadas, Bea Beltrán e Laura Ortega do Atlético de Madrid e Laura Domínguez do Madrid CFF semella que por idade serán convocadas pra a sub18.
Este luns levouse a cabo o último adestramento da selección galega, coas 21 xogadoras da última criba, da que finalmente caeron María Ameneiro de O Val. Ana Domínguez da SD Compostela, Ana López da SCD Milahrosa e Sara Pazos do Atletico Arousana, Do mesmo equipo foi chamada a última hora Eva López. As 18 convocadas definitivas son:
Atlético Arousana: Carla Falcón, Eva López, Ariane Martínez, Carmen Sumay
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta
CCD Cerceda: Ainhoa Danis
ADC Monteforte: Laura Correa
Tordoia SD: Leticia Santos
Milladoiro SD: Nuria Rábano
Bértola FF: Fátima Area
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
Tomiño FF: Judith García
CD Bueu: María Calvar
EDA Arzúa: Elena Ramos
CD As Pontes: Raquel Béjar
Na Xuvenil sub18 van Noemí García e Verónica Díaz de O Val. A selección cadete xogará no Campo Víctor Fernández Alonso (Leyma) mentres que a xuvenil o fará no Campo Arsenio Iglesias (A Grela II). Os partidos disputaranse pola mañá, sábado contra Madrid e domingo contra A Rioxa, ambas ás 12:00 horas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios