BOA ACTUACIÓN DE RAQUEL E DA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

99

A xogadora pontesa Raquel Béjar Castro ven de xogar esta fin de semana coa selección galega a primeira fase do Campionato de España.
A un compricado rival se medía Galicia o sábado pola mañá, a selección da Comunidade de Madrid, que foi gañando 0-2, pero tras un arreón de Galicia nos últimos 15 minutos conseguiu empatar a 2-2 ante unha das seleccións candidatas. Raquel xogou os 80 minutos.
Un rival algo máis asequible, pero que deu moita guerra, tivo a selección o domingo, e noutro encontro no que Raquel tamén xogou completo a selección branquiazul venceu 6-4 á de A Rioxa.
Galicia-Sub-16.jpg
Pola súa banda, a sub18, na que xogaban as xogadoras do Val, Noemí e Vero, que foron titulares, perdeu 1-2 con Madrid e gañou 6-0 á Rioxa.
Galicia-Sub-18.jpg


Finalizada a primeira fase e segundo os nosos cálculos na categoría cadete sub16 as selección pasan coa seguinte puntuación. Lideran Cataluña, Navarra e Asturias con 6 puntos, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid e Aragón teñen 4, Baleares, Castela A Mancha, Andalucía e País Vasco teñen 3, e sen puntuar están Canarias, Extremadura, A Rioxa, Murcia e Castela Léon.
Na categoría xuvenil sub18 lideran C.Valenciana, Castela A Mancha, Cataluña e Madrid con 6 puntos, Andalucía e Asturias teñen 4, Galicia, Baleares, País Vasco e Murcia suman 3, Castela León e Aragón un punto cada unha, e sen ningún punto, Canarias, Navarra, Extremadura e A Rioxa.
Na segunda fase todas as selección disputaran outros dous encontros, sumaranse os puntos desta primeira fase e asegunda, e as catro seleccións con maior puntuación en cada categoría xogarán as semifinais. Non participan Cantabria Ceuta e Melilla.
Fotografías cortesía Blog Barbadás
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios