ACTUACIÓN DE ENRIQUE FORNOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

93

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez ven de xogar esta fin de semana na primeira fase do Campionato de España.
As seleccións galegas desprazaronse a Cantabria de onde a sub18 de Enrique non retornou moi contenta trala súa derrota no partido do venres 3-1 ante Cantabria, nun encontro no que Galicia xogou moi ben, pero pagou caro os seus erros, a selección local levou os tres puntos, e a selección branquiazul so puido acurtar distancias por medio dun penalti transformado por Bicho.
No segundo encontro cumpriuse o pronóstico e Galicia venceu 0-2 a Melilla. Enrique xogou os dous partidos completos. O extremo de Cabanas Álvaro Rey saiu de suplente contra Cantabria e xogou os 90 minutos contra Melilla.
Pola súa banda a selección sub16 venceu os seus dous compromisos, 0-1 á selección local adestrada polo campión mundial xuvenil 1999, Gonzalo Colsa, parando incluso un penalti o olívico Samuel no derradeiro minuto, e 0-2 a Melilla. O dianteiro vilalbés Víctor Eimil foi titular nos dous encontros anotando incluso un gol e o mediapunta ferrolán Aarón Rey saiu no segundo tempo nos dous enfrontamentos.
foto_1.jpg


Repasando os resultados da primeira fase, na categoría xuvenil sub18 lideran Cantabria, Andalucía e Aragón con 6 puntos, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña, Navarra, Castela A Mancha e Extremadura con 4. Con 3 puntos Galicia, Castela León e as Illas Baleares, un punto teñen as Illas Canarias e Madrid, e sen estrear o casilleiro Asturias, A Rioxa, Ceuta, Melilla e Murcia.
Na categoría cadete sub16 País Vasco, Cataluña, Andalucía, Extremadura e Galicia teñen 6 puntos, Asturias 4, Illas Baleares, Cantabria, Comunidade Valenciana, Madrid, Castela A Mancha, A Rioxa e Castela León 3 puntos, un punto Aragón, e sen puntuar Navarra, Illas Canarias, Murcia, Melilla e Ceuta.
foto_2.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro
Fotos Cortesía Blog Barbadás

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios