Nota de prensa BNG: MALESTAR VECIÑAL POLO PECHE PROVISIONAL DO MERCADO MUNICIPAL.

46

As obras están subvencionadas pola Consellaría de Industria.
As Pontes, 07 de xaneiro de 2014.- O goberno municipal do PSOE ven de pechar o Mercado até o vindeiro venres 10 de xaneiro, decisión derivada do estado de execución das obras iniciadas no mes de novembro do ano pasado.
A forma de acometer o peche do servizo municipal, mediante unha folla nas portas de acceso, sen observar a antelación necesaria e sen facer uso dos medios locais, está a causar un evidente malestar, cando menos entre os usuarios do Mercado.
As obras de adecuación e mellora exterior de Mercado Municipal están financiadas pola Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Industria, e veñen a substituír a unha das tantas promesas electorais incumpridas do PSOE, o denominado Centro Comercial e de Ocio, “zona xeradora de emprego”, segundo afirmaba o Alcalde en maio de 2010, data na que tamén anunciaba a sinatura do convenio co Plano do Carbón no prazo de dous meses.
O importe da adxudicación dos traballos que se están a acometer na “adecuación e mellora exterior do Mercado” foi de 154.634Є, cantidade próxima aos 135.000Є que o Concello pagou pola redacción do proxecto do Centro Comercial.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios