CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 10/11/12 – Xaneiro – 2014

45

“inicio"
TERCEIRA DIVISIÓN: CCD Cerceda – CD As Pontes (1-0)
Perdeu o As Pontes o liderato en Cerceda (1-0), tanto, como non, de Cano. Lemos, Juan, Angeriz e o pontés Elmer gañáronlle a partida ós azuis que pasan a ser terceiros con 41 puntos, por detrás de Cerceda e Boiro, que gañou nas Somozas (2-3) que teñen 42. Xa con 37 puntos están Pontevedra e Somozas, Choco 36, Arousa 35 e Ordes 34.
Xogaron polo Club Deportivo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López, Aitor, Dani, Iván (Bossa, 75), Esmoris (David Amado, 65), Sergio, Chicho (Alex Cabarcos, 85) e Pablo Domínguez.
Dúas complicadas xornadas lle esperan ó As Pontes, visita a un necesitado Betanzos e recibe a un Alondras que sube como a escuma.


SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – SD Ánimas (4-1)
Gañou o segundo equipo 4-1 ó Ánimas, e iso que comezou perdendo na primeira metade, pero no segundo tempo dous tantos consecutivos de Javi e dous postreiros dos recambios Adrián, que aproveitou en fallo defensivo para regatear e marcar, e Samuel, que se desmarcou, plantouse ante o porteiro visitante e bateuno por baixo sentenciaron o encontro. Nos últimos minutos puido marcar máis goles o As Pontes, o propio Samuel e unha gran xogada de Borja.
Xogaron Iván Parapar, o xuvenil Moi, Darío, Totti, Carlos, Juancito, Borja, Villar, Javi, Vicente e Fernando. No segundo tempo saíron Rubén, Samuel, Adrián e o xuvenil Gonza.
Cedeira con 30 puntos, A Capela 28 e Neda 28, Ortigueira e As Pontes 25. Rematan a primeira volta visitando ó difícil Cariño.
“autonomica"
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
autonomica
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Atlético Fátima (2-0)
Vitoria do As Pontes xuvenil ante o colista Atlético Fátima por 2 a 0. Os azuis sentencian definitivamente ós santiagueses, pero seguen tendo moi complicada a súa salvación, e máis gañando (1-4) o Imperátor ó Victoria B. As Pontes e Imperator suspenderon o partido da semana pasada por mor da climatoloxía e ese encontro semella clave para os dous, pois con 13 puntos están moi lonxe de Orillamar e Victoria B que marcan a criba do descenso con 18 puntos, Betanzos e O Val teñen 19.
Os azuis comezan a segunda volta contra o Milagrosa na casa e é necesario outro triunfo. No partido do sábado venceu con goles de Rivas, de penalti, e no segundo tempo o gran Antonio sentenciou, a destacar outro paradón de Ángel, que, suspendido no aire sacou o balón coa perna, pero o As Pontes mereceu gañar ben.
O As Pontes aliñou a Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais, Iván, Antonio, Rivas e Diego. No segundo tempo entraron Rey, Tini, Cabarcos e David.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA F-8: CD As Pontes – Narón BP (3-2)
Sufrido triunfo do equipo feminino, que gañou 3-2 ó Narón BP, con tantos de Lía, Paula e Sara, aínda que nos últimos minutos acabou recuando, pedindo a hora, e incluso Leti fixo dúas boas paradas. En parte lóxico, pois as xogadoras máis noviñas foron as que tiveron que afrontar o final e sufriron o empuxe das máis veteranas naronesas, diferenza que se notou no medio campo.
Púidose ver polo Poboado ó gran Juanito, do que neste 2014 vanse cumprir 20 anos do seu gol no Camp Nou.
Xogaron Leti, Silvia, Andrea Pita, Nuria, Andrea Montero, Ángela, Xeila, Lía, Paula, Carlota, Sara e Patri Dopico. Seguen sextas con 31 puntos, antes de visitar ó perigoso Val B que perdeu a segunda praza en beneficio do Mandiá tras caer por 5-0.
“feminino”
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: CD As Pontes – Eume Deportivo (3-3)
Empatou o cadete a tres goles ante o Eume Deportivo, nun partido que chegou a ir perdendo por 1-3. Coa vitoria (0-4) a semana pasada en partido aprazado en Perlío, suman 4 puntos na sexta praza antes de visitar ó Numancia de Ares, que marcha segundo.
“cadete”
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
LIGA INFANTIL: SDR Portuarios – CD As Pontes (2-3)
Gran triunfo do infantil que venceu 2-3 ó Portuarios e escala ata a segunda praza na súa persecución ó Racing de Ferrol B, que suma os catro encontros por vitorias, por nove puntos dos azuis e o propio Portuarios. Precisamente os verdes visitarán o Poboado a vindeira semana.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
Amistade Meirás B – CD As Pontes (3-1)
CD As Pontes B – SD Rápido Neda B (4-0)
O alevín A perdeu 3-1 co Amistade de Meirás B, e cun punto recibe o sábado ó San Sadurniño, que ten tres. O alevín B pola súa banda logrou a súa primeira vitoria tras vencer 4-0 ó colista Rápido de Neda B. Sen embargo a semana que ven visitan ó líder Cultural Maniños.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SDR Portuarios B – CD As Pontes (0-4)
CD As Pontes B – SD O Val B (3-7)
O Benxamín A gañou 0-4 ó Portuarios B, mentres o Benxamín B perdeu 3-7 co Val B, co cal quedan os dous noveno e décimo con 4 puntos, recibindo ó San Sadurniño e visitando ó Portuarios, respectivamente.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
R. San Pedro – CD As Pontes (5-3)
CD As Pontes B – Gª Caranza D (2-4)
O Prebenxamín A perdeu 5-3 co cuarto clasificado, Racing San Pedro, e aspira a lograr o seu primeiro punto na casa ante o San Sadurniño, que é quinto. O prebenxamín B perdeu por 2-4 co Galicia de Caranza D, equipo no que milita un neto do delegado do CD As Pontes, José A. Pena, e a semana que vén visitan ó terceiro, Ortigueira.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios