SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: RUEDA F.S. – O ESTEO AS PONTES FS (5-3)

56

Na súa primeira visita a terras palentinas, o Esteo perdoou moito e ó final pagouno caro, derrota na pista do Guardo por 5-3, nun encontro que ó descanso os ponteses gañaban por 1-2. Dende un principio os das Pontes amosaban a súa superioridade levando a iniciativa e dispoñendo de numerosas ocasións de gol. Sen embargo, foron os locais os que ós tres minutos de xogo adiantábanse no marcador por obra de Raúl. O Esteo non se veu abaixo logrando darlle a volta ó marcador con goles de Rubi, que volvía despois de varias semanas de baixa, e Diego Pellón, resultado co que se chegou ó descanso.
No segundo tempo comezaba forte o Guardo pasando a dominar a situación. Ós once minutos deste segundo período empataban o partido con gol de Chuco e tres minutos máis tarde volven a poñerse por diante con tanto de Davicin. Nun penalti transformado por Rubi prodúcese a segunda igualada do encontro. O choque estaba moi igualado e xogado con moita intensidade e calquera podía gañar. Sen embargo, nun erro defensivo dos ponteses propicia o cuarto tanto local por obra de Chochi. Ó Esteo non lle quedaba máis remedio que ir a por todas e saca porteiro-xogador, pero o único que conseguiu foi encaixar o quinto tanto por mediación de Rubén.
Despois desta derrota o Esteo baixa á oitava posición e na vindeira xornada recibe no pavillón da Fraga ó Pizarras 3C, do Barco de Valdeorras, que é undécimo con tres puntos có Esteo. Un encontro que os ponteses teñen que gañar se non queren verse inmersos nos postos de abaixo, pois na seguinte xornada visitan ó líder Cidade de Narón, que descansou nesta xornada, e na seguinte correspóndelles descansar.
esteo.JPG


FICHA DO PARTIDO
RUEDA FS: Viti, Chuco, Davicin, Raúl, Chochi –cinco inicial- Jonathan, Héctor, Kuin, Rubén e Beto.
O ESTEO FS: Choto, Gerveno, Fran, Rubi, Rober Paz –cinco inicial-Héctor, Bolly e Diego Pellón.
GOLES: Min 4 (1-0), Raúl. Min. 9 (1-1), Rubi. Min 15 (1-2), Diego Pellón. Min 31 (2-2), Chuco. Min 34 (3-2), Davicin. Min. 36 (3-3), Rubi, de penalti. Min. 38 (4-3), Chochi. Min. 39 (5-3), Rubén.
ÁRBITROS: Antonio Navarro Rodríguez (Salamanca), Rubén González Lobato (Zamora) e na mesa María de la Torre Alonso (Palencia). Amoestaron a Chuco e Fran.
INCIDENCIAS: Partido de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal de Guardo (Palencia) ante uns 200 espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios