NUMEROSO PÚBLICO NA PRESENTACIÓN DO LIBRO DOS ALCALDES DE AS PONTES DENDE 1836 ATA HOXE

172

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, presidiu o pasado venres o acto da presentación do libro “Alcaldes de As Pontes, un recorrido desde 1836”, do que é autora a escritora e historiadora ferrolá María Sande.
O auditorio municipal Alovi quedouse pequeno para acoller ós varios centos de veciños, entre os que se deron cita familiares de alcaldes xa falecidos e os cinco últimos primeiros edís que tivo As Pontes, dende Tomás Coello Coello, pasando por Xaime Vilaboy Ramil, Aquilino Meizoso Carballo, Víctor Guerreiro Pena e o actual, Valentín González Formoso. Faltou á cita Vicente López Pena, quen accedeu á alcaldía en 1997 despois dunha moción de censura.
O recorrido parte dende o ano 1836, tres anos despois de crearse as actuais provincias, ano no que As Pontes pasou da provincia de Betanzos á da Coruña, perdendo as parroquias de Cabreiros, que pasou a Xermade, e a de Espiñaredo que se integrou no concello da Capela. Era alcalde Antonio Cebreiro, veciño do lugar de Marraxón. Despois seguiulle Antonio Soto, veciño de Tras da Ponte. En total están reflectidos nesta publicación os 70 alcaldes que tivo o concello de As Pontes en 178 anos.
Por aquela época o concello estaba formado polas parroquias do Aparral (Santa María, creada en 1833), Deveso (Santa María), O Freixo (San Xoán) e As Pontes de García Rodríguez (Santa María). A parroquia de Somede (Santa María) creouse en 1906 ó separarse da do Freixo. Vivían no concello pontés 860 veciños cun total de 3.864 habitantes. A propia vila contaba con 327 habitantes e a súa parroquia 1.390.
No acto, ademais do alcalde e a autora da publicación, interviron familiares descendentes de alcaldes xa desaparecidos. Ó final do acto a autora e o alcalde de As Pontes asinaron varios libros, feito que se prolongou ata altas horas da madrugada. Este mércores 15 repetirase a sinatura de libros na sala de exposicións do Mercado Vello.
“alcaldes”


A ORIXE DO CONCELLO DE AS PONTES
Repasando un pouco a historia do concello de As Pontes, está moi difundido de que a vila foi fundada polo conde García Rodríguez de Valcárcel, que deu o seu nome a este concello, pero non é así. As orixes son algo difusas, tanto que hai documentos máis antigos cando As Pontes era chamada “Pontes de Hume” (ou d’Eume) ou “Pontes deuyme”, co que se veu confundindo con Pontedeume. Un documento de 1267 xa facía constancia da existencia do concello e contaba cun alcalde, un xuíz e varios xurados, ó contrario de Pontedeume (coñecido como a Pobra de Ponte Hume, en singular, non en plural como As Pontes), A Coruña e Betanzos fundados máis tarde en 1270 segundo o foro de Benavente e que contaban con dous alcaldes.
Nese documento de 1267 faise referencia ó “Concejo de Pontes de Hume” e o seu alcalde, Joan Vermuz, que acudiu a Viveiro a resolver ante o bispo de Mondoñedo un conflito de lindes cos veciños de Muras.
Anos máis tarde, en 1372, o señorío de As Pontes foi cedido a García Rodríguez de Valcárcel y Balboa, fillo de John Freire de Andrade e neto de Nuño Freire de Andrade, polo rei Enrique II de Trastamara: “Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos…e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nos…facemos vos donación pura y perpetua…del lugar de las Puentes de Hume”.
García Rodríguez pasa a ser señor da vila e castelo de As Pontes, con xurisdición civil e criminal e poder para nomear alcaldes, alguacil e escribáns públicos, co que o concello perde a súa autonomía. García Rodríguez casou con Inés Fernández de Tamar coa que tivo tres fillos, Pedro, Constanza e Leonor. Ó parecer, morreu en 1410, sendo enterrado no convento franciscano de Villafranca del Bierzo, próximo ó castelo de Corullón, propiedade da súa dona Inés.
Ó non sobrevivirlle descendencia masculina, as súas terras pasaron primeiro ós Andrade e despois ós condes de Lemos. Dende aquela época a vila e concello de Pontes de Hume foi coñecido como As Pontes de García Rodríguez.
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
alcaldes
Nova cortesía de AF
Fotos de Santi Vila e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios