Enrique e Raquel coa selección galega

90

ponteses.jpgOs xogadores ponteses Enrique Fornos e Raquel Béjar veñen de ser convocados de novo pola selección galega en vistas á segunda fase de clasificación á que a selección sub18 masculina de Enrique acude con tres puntos (tras gañar a Melilla e perder con Cantabria), e a sub16 feminina de Raquel acude con catro (tras gañar á Rioxa e perder coa todopoderosa Madrid).
No caso de Raquel, adestra este luns, ás 19:00 no Campo Agro Novo de Milladoiro. Van 24 xogadoras, das que sairán as 18 definitivas.
Revolución de Ferrolterra con ata 5 xogadoras, Raquel, María Ameneiro de O Val, Carmen Barro do Racing de Ferrol, Alba Pérez do Galicia de Mugardos, e a futbolista de Cariño María Corral, que xoga no Val, e que foi compañeira de Malena na selección galega alevín.
Salientar como anécdota a xogadora Nuria Rábano do Milladoiro, que está na selección sub16, e tamén na selección sub17 de fútbol sala


A lista é a seguinte:
Atlético Arousana: Carla Falcón, Ariane Martínez, Carmen Sumay, Eva López
O Olivo: Cecilia Fernández, Sara Alonso
Orzán SD: Nerea González, Cristina Revuelta
SD O Val: María Ameneiro, María Corral
Milladoiro SD: Nuria Rábano
Tomiño FF: Judith García
EDA Arzúa: Elena Ramos
Bértola FF: Fátima Area
Tordoia SD: Leticia Santos
SD Ponteareas: Yaiza Cameselle
CD Bueu: María Calvar
ADC Monteforte: Laura Correa
CCD Cerceda: Ainhoa Danis
RC Ferrol: Carmen Barro
Galicia Mugardos SCD: Alba Pérez
AJ Lérez: Teresa Abilleira
Orillamar SD: Rosalía Muíño
CD As Pontes: Raquel Béjar
Pola súa banda Enrique ven de ser convocado a un partido de adestramento contra a SD Compostela, que se levará a cabo este mércores ás 16:30 no Campo de San Lázaro, e no que terá que capear dous temporais, o más que probable de choiva, e tamén a Joselu.
O adestramento levarano a cabo tan so 19 xogadores, anque poderíamos dicir 20 se incluiramos ó extremo-dianteiro zurdo de Mos, Brais Mendez, do Celta, que este mércores xogará con España sub17 un amistoso ante Italia. Tamén foi asiduo o porteiro de Aldán Iván Villar, e agardemos que nas próximas semanas haxa algún galego máis adestrando na selección española.
Volve o xogador de Cabanas Álvaro Rey, dun ano menos, como Enrique.
Os convocados son os seguintes:
RC Deportivo de A Coruña: Ángel Fernández, Óscar García, Javier Fernández “Bicho”, Enrique Fornos, Hugo Díaz.
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Fede Varela, Iván Villar
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
CD Areosa: Raúl Espinosa, Andrés Pérez
Pabellón Ourense CF: Martín Torres, Saúl González
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez
Racing Club de Ferrol: Álvaro Rey
Rápido de Bouzas CF: Federico Mintegui
Porriño Industrial: Maykel Barbosa
Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios