CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 25/26 – Xaneiro – 2014

59

“prebenxamin”
SEGUNDA AUTONÓMICA: SDC A Capela – CD As Pontes B (2-5)
Importante vitoria (2-5) do segundo equipo no campo da Capela, dous de Javi, Totti, Vicente e Adrián. Xogaron Cristian, Nando, Juancito, Totti, Carlos, Dani Villar, Vicente, Marcos, Javi, Troncho, Rubén, e no segundo tempo saíron Samuel, Adrián, Darío e o xuvenil Esteban. Cedeira 36, Neda 34, A Capela 31 e As Pontes 29. Visita o Poboado o Narahío, penúltimo, haberá que ter moito coidado, pois o Bertón, antepenúltimo, gañou 1-2 ós azuis na primeira volta.


LIGA GALEGA XUVENIL: CD Lugo B – CD As Pontes (2-1)
Perdeu o Xuvenil (2-1) ante o Lugo B, gol postreiro de Jandro, co cal segue terceiro pola cola. Con catro descensos a día de hoxe, Victoria B ten 21 puntos, Orillamar e O Val 19, As Pontes 16, Imperátor 13, e o Fátima 6 puntos. O equipo santiagués conseguiu a súa primeira vitoria da tempada, nin máis nin menos que 3-0 ó que ía terceiro clasificado, o EF Lalín. O As Pontes necesita vencer este sábado ó Conxo no Poboado.
LIGA FEMININA F-8: CD As Pontes – Mandiá CF (2-2)
Decepción do equipo feminino, que perdeu dous puntos ante o equipo que marchaba segundo clasificado, Mandiá, tras recibir dous goles nos últimos minutos. En liñas xerais xogaron moi ben e plantaron cara ante un dos mellores equipos da categoría, e, con dous goles en cada tempo de Paula, que xa leva 14, poñían terra de por medio, pero no último cuarto concederon moitas faltas e saques de banda, o que aproveitaron as verdes para igualar, case co tempo cumprido anotaron o 2-1 nunha falta que Leti non puido despexar, e no desconto, nun fallo defensivo, aproveitase a dianteira visitante para marcar a porta baleira, incluso a mesma xogadora estivo a piques de facer o 2-3.
Reparto de puntos o que deixa ó Racing de Ferrol líder con 48, Maniños 37, Mandiá 36, As Pontes 35, O Val B e San Sadurniño 34. Na vindeira xornada as pontesas descansan. Xogaron Leti, Silvia, Andrea P, Nuria, Sara, Ángela, Xeila, Lía, Paula, Carlota, Lau e Patri Dopico.
“feminino”
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: CD As Pontes – Meirás CF (3-2)
O equipo cadete xogou como locatario no Campo dos Calzados de A Capela e venceu por 3-2 ó Meirás, co que sube á terceira posición con 10 puntos, antes de visitar ó Racing de Ferrol B que ten os mesmos puntos.
LIGA INFANTIL: CCRD Perlío – CD As Pontes (2-5)
O Infantil venceu 2-5 en Perlío e segue segundo empatado a 13 puntos co Portuarios e a 3 do Racing de Ferrol B. Reciben o vindeiro sábado ó perigoso Narón BP, que está cuarto.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
Narón BP – CD As Pontes (7-2)
CD As Pontes B – Eume Dep. B (1-2)
O Alevín A perdeu 7-2 na casa do líder Narón BP e recibe ó Ánimas B. O Alevín B perdeu por pouco co segundo clasificado Eume B, 1-2, e con 4 puntos tentarán sacarse a espiña o vindeiro sábado que visitan ó Miño B, que pecha a clasificación.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Eume Dep. B – CD As Pontes (2-6)
CD As Pontes B – Gª Mugardos (2-1)
O Benxamín A venceu 2-6 ó Eume B, e moi ben estivo o Benxamín B que venceu 2-1 ó Galicia de Mugardos, que marchaba segundo. A pesar de sumar 10 puntos ambos, nunha liga moi apertada, continúan noveno e décimo respectivamente á espera do derbi que se vivirá este sábado no Poboado.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Cedeira SD – CD As Pontes (3-3)
CD As Pontes B – Cedeira SD B (4-3)
O Prebenxamín A conseguiu o seu cuarto punto tras empatar 3-3 en Cedeira. Reciben ó Galicia de Mugardos que vai último con dous puntos. Primeiro triunfo do Prebenxamín B que se impuxo 4-3 ó Cedeira B, antes de visitar o vindeiro sábado ó líder Cariño.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xose A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios